caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O de Sada
> O de Sada <

A historia xa a saben: o PPeiro Monchoesmucho, franquista confeso e con algúns asuntos pendentes coa xustiza, vai recuperar o luns que vén a alcaldía que perdeu lexitimamente nas eleicións municipais do pasado mes de maio co apoio de José Luis Santamaría, un concelheiro tránsfuga do PSOE. Antes de que vexamos como se consuma o pequeno golpe de estado temos por diante un longo fin de semana manifeirante. A Plataforma Cidadá pola Democracia en Sada convídanos a todos a participar das convocatorias que tenhen previstas para esta fin de semana, nun chamamento que se quere reivindicativo e festeiro a un tempo, aberto a cantos desexen sumarse dun xeito tranquilo e benhumorado á denuncia da traición.

Sábado, 17 de Xaneiro

Isaac Díaz Pardo, Manuel María, Manolo Rivas, Miguelanxo Fernán Vello, Miro Casabella, Xurxo Souto e diversos membros de Os Diplomáticos, Julián Hernández de Siniestro Total e Tareixa Nabo de Fuxan os Ventos... Todos eles, e moitos máis, súmanse a unha grande festa que empezará o sábado ás sete e meia na Casa da Cultura e coa que se pretende lanzar un berro lúdico contra a corrupción e o derrocamento do Goberno actual. Virán tamén gaiteiros de Castro, Mondego e Sada e diferentes corais para amenizar un acto que incluirá música, poesía e a leitura de distintos manifestos.

Domingo, 18 de Xaneiro

Contra a ditadura do ladrilho. Ben podería ser ese o eslogan da marcha anunciada para este domingo. O ladrilho é o símbolo da especulación inmobiliaria que está detrás desta volta ao Antigo Réxime. Dous pontos de venta de ladrilhos estarán instalados este domingo desde as dez da manhá, un na Praza de España e outro na Praza dos Vellos. Con eles acudiremos ao meiodía até á Praza Irmáns Suárez Picallo, onde terá lugar a última concentración vecinhal antes da moción.

Aproveito máis unha vez a bitácora para transmitir o meu apoio entusiasta á xente que, en Sada ou en calquera outro lugar, deixa de lado a indiferencia para expresar en paz a súa disconformidade con algunhas cousas que pasan neste mundo manifestamente melhorável.

2004-01-17, 07:55 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/14592

Comentarios

1
De: ascárida Fecha: 2004-01-18 01:51

Como me gusta a nova Galiza manifestil, que ben estas ideas de concertos e ladrillos.



2
De: Dorvisou Fecha: 2004-01-18 11:40

Fai uns anos o meu berro de loita contra a mediocridade era uns versos de Xosé Antón Avilés Vinagre de Taramancos que decían:
Minha Pátria, eu son o teu soldado máis forte, non son un home. Son un povo e ninguén me pode domear...
Uns anos despois, aqui e agora, alegrome moito que eses axouxeres de solidaridade cheguen os meus oídos.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.90.21 (687e7f7a15)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley