caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A Cousa Nosa
> A Cousa Nosa <

Durante moitos anos, demasiados, o concelho de Sada ficou en mans de Ramón Rodríguez Ares, dirixente do PP que exerceu a súa autoridade inspirado quizá polo retrato de Francisco Franco que presidía o seu despacho. Facendo uso dos modos caciquís que lhe son tan proprios a algúns representantes da cousa nosa popular, Moncho concedía as licencias de obra de palavra, na mesma rúa, entre vinho e vinho coma quen di, sen preocuparse moito desas formalidades que seica forman parte do exercizo da democracia. Nas eleicións municipais do pasado mes de maio perdeu, por fin, a maioría absoluta. Ao día seguinte o resto das forzas que acadaron representación no concelho xuntáronse para acordar que ningún deles apoiaría ao candidato do PP, sentando as bases do que logo foi un pacto de governo. Polo meio houbo un intento de compra do voto dun concelheiro do PSOE, quen denunciou que lhe ofereceran uns seiscentos mil euros a cambio de apoiar a Moncho como alcalde. Non lhes serviu de nada: Abel López, o candidato do BNG, fíxose coa alcaldía liderando un pacto tan complexo como esperanzador do que tamén formaban parte o PSOE e dous grupos de independentes. Chegaban a un concelho case en quebra, pero cheos de proxectos e ideas que pouco a pouco parecían ir cobrando forma. Infelizmente, como tantas outras veces, o anxo exterminador acabou por abrirse paso.

Hai uns meses, a Xunta de Galicia suspendía de emprego e soldo a José Luis Santamaría, médico e concelheiro do PSOE de Sada, por uso indebido de receitas oficiais do Sergas. Santamaría esixiu entón á corporación local da que el formaba parte un salario de 80000 euros, cantidade desmesurada equivalente ao que cobra o presidente do governo de España. Como é lóxico o Executivo de Sada negouse, feito que motivou o enfado de Santamaría. En decembro saltaba á prensa un rumor desgraciadamente verosímil: o PP de Sada, con Moncho á cabeza, estaba maquinando unha moción de censura contra o alcalde Abel López contando co apoio dun concelheiro díscolo do PSOE. Xusto antonte Santamaría anunciaba a súa decisión de rachar o acordo no concelho deixando ao governo da vila en minoría. A posibilidade dunha moción de censura colhe agora aínda máis forza. Que ninguén se estranhe se dentro de pouco tempo vemos de novo ao PP na alcaldía, pasando por cima dos resultados eleitorais e valéndose das malas artes nas que eles son mestres consumados.

O pasado domingo en Sada dúas mil persoas exerceron con pacífica contundencia a súa condición de cidadáns, protestando contra a corrupción e o transfuguismo que esnaquizan as regras de xogo da democracia. Lamentando non ter estado alí, fago uso hoxe da minha condicion de axitador do resentimento para expresar o meu desprezo por quen participa desa manobra noxenta e por aqueles que a fan posível dun xeito ou doutro. Vaia desde aquí o meu apoio á Plataforma Cidadá pola Democracia en Sada e ás iniciativas que está emprendendo. Porque este blog estará sempre aberto a recolher as voces de todos os que non se resignan a que na Galiza o futuro fique cada vez máis lonxe.


Leiras da BloGaliza: endurance

2004-01-08, 10:23 | 23 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/14394

Comentarios

1
De: jorge Fecha: 2004-01-08 10:33

A mín tocáronme relativamente de cerca as malas artes do cacique. Nun edificio que fai unhos anos rachou coma un papel cando empezaron a construir ó seu lado vivían (e eran propietarios tamén do local comercial) uns irmáns da miña avoa. Pois ben o constructor (amigo do nombrado MONCHO ES MUCHO) do solar veciño non se fixo cargo de nada argumentando que o edificio ferido fora mal construido na súa orixe, olvidando que fora el mismo, si estades a ler ben, el mismo o que o construira alá polos anos 70. Pois ben o governo municipal non interviu de ningún modo e os veciños dese edificio seguen a vivir de prestado nas casas de veciños e amigos, sen poder regresar ó seu fogar, tan so o bar do baixo está aberto porque claro, pediran un crédito para o traspaso, e non a todos nos mantén MONCHO ES MUCHO.
Saúdos.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-08 10:44

Aviso a navegantes: Sada é unha vila moi próxima a Corunha. A Corunha, insisto. Que non é Bilbao, nin é Donosti, nin é Vitoria. Advirto isto porque aínda que o post ten unha clara temática política, non hai razón algunha para falar aquí do Plano Ibarretexe, nin sequera para desviar a atención das minhas críticas a un dirixente do PP.

E ademais, do Plano Ibarretexe falaremos nos próximos días. Vaian afiando, pois, os seus coitelos.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-08 10:48

Cando digo Ibarretexe quero dicir Ibarretxe, evidentemente.

O amigo Jorge cita o de Moncho es mucho, que por raro que lhes pareza foi un eslógan eleitoral empregado polo filántropo Rodriguez Ares hai un par de lexislaturas.



4
De: Vendell Fecha: 2004-01-08 11:12

Puaj



5
De: Akin Fecha: 2004-01-08 17:01

A verdade, e logo pregúntanme porque non creo neste sistema delegativo...



6
De: el paseante Fecha: 2004-01-08 17:10

Sr. Pawley, vaya por delante que no simpatizo con el personaje en cuestión, pero su forma de tratar los hechos me ha parecido cuanto menos un poco parcial. Parece usted olvidar que el pacto que impidió a dicho sujeto (que además era cabeza de lista del partido más votado) formar gobierno cuenta con el apoyo de una ex concejala tránsfuga o más bien expulsada del PP por ciertas cuestiones más bien escabrosas. ¿Será que en la política el fin justifica los medios? Pues mire, yo no lo creo. También da por cierto un intento de compra de un voto y me parece que por lo menos debe haber dos versiones de los hechos. Todo esto lo digo porque conozco ciertos detalles de la situación política del municipio Sadense y me parece que todo es un poco más turbio que como lo pinta. Aquí no se trata de una historia de buenos llenos de proyectos e ideas contra malos que sólo se dedican a hacer cacicadas, sino de la lucha por el poder político. Si un político gobierna de manera antidemocrática ya lo pondrán los tribunales o los ciudadanos en su lugar; lo demás no es sino demagogia para intentar dar legitimidad a una forma irregular de acceder al gobierno.
Un saudiño.



7
De: el paseante Fecha: 2004-01-08 20:23

Técnicamente está usted en lo cierto, amigo Vendell, pero no me sea tan sibilino, que hay que ver quién es quién en esta historia y de dónde viene. La exconcejala en cuestión fue expulsada del grupo de gobierno en la pasada legislatura por motivos poco claros. Que ahora esté en una lista independiente no creo que afecte a su ideología, por eso me hace gracia que pacte con los grupos de izquierda para formar gobierno contra su antiguo mentor, Mr. Abundancia. Con lo que no estoy de acuerdo es con que se critique en unos lo que se aplaude en otros, porque toda esta situación huele se mire como se mire, independientemente del color de cada cual. Lo dicho, demagogia para intentar dar legitimidad a una forma irregular de acceder al gobierno. Que eso de que el fin justifica los medios no se lo creía ni Maquiavelo... y menos servidor.



8
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-09 04:20

Paseante: non é cousa de ser sibilino, senón simplesmente de non ser tendencioso ou de non estar na verza, como ao parecer anda vostede ao emitir dous comentarios que non pasar de ser un apestoso dislate. Como ben di Vendell a senhora Ramallo presentouse ás eleicións nunha lista independente e foi votada polos seus vecinhos, e todo o que haxa de turbio ao seu redor palidece fronte as miserias do franquista confeso Herr Moncho. O único tránsfuga desta historia é Santamaría, pónhase vostede como se ponha. O tema da compra de voto foi denunciado publicamente e recolhido na prensa, así que non é un rumorcinho duvidoso ao que eu lhe estea dando luz.
A Moncho xa o puxeron os cidadáns no seu lugar: os resultados eleitorais por vez primeira en 24 anos negáronlhe a maioría absoluta e as outras catro forzas con representación (catro, dúas delas independentes) decidiron non pactar con el e acordaron formar governo. Preferiron pasar por cima das diferencias ideolóxicas entre eles (que son evidentes) en pro dun obxectivo prioritario que era o de largar ao carcamal da alcaldía. Chegar a acordos entre partidos diferentes forma parte do xogo democrático, cabaleiro. E non se trata de pintar un mundo de cor de rosa desfeito agora pola mezquindade humana, pero si é innegável que a alternancia no poder despois de 24 anos supuxo un sopro de ar fresco, e que as limitadas iniciativas que puido emprender o Executivo de Abel López foron cando menos interesantes. Non nos consta que houbese en Sada malestar entre os vecinhos pola nova administración, antes polo contrario.
A moción de censura presentada finalmente onte polo PP trala captura do concelheiro do PSOE é un acto noxento nunha nación, a galega, moi acostumada a contemplar impasível cousas así. Veremos se finalmente o PP cumpre a súa promesa de expulsar a todos os concelheiros do PP sadense, ou se limitará con anuncialo nos meios habituais para logo acabar por non executar esas accións, como xa fixo no 2003 cos concelheiros de Carral.



9
De: Anónimo Fecha: 2004-01-09 04:25

Dos xornais galegos o que está tratando máis polo miúdo a crise de Sada é La Opinión de A Coruña.

O domingo 11 de xaneiro hai convocada unha manifestación en Sada. Quen se apunta?



10
De: Dorvisou Fecha: 2004-01-09 09:22

Estos avezados ao poder son, polo xeral, xente sen escrupulos nen principios de nengunha clase. A maioria dos alcaldes galegos teñen un mesmo perfil e mesmno parece que lle dan vida a aqueles personaxes que tanto debuxou Castelao.
Dan noxo, puaj



11
De: el paseante Fecha: 2004-01-09 16:36

Sr. Pawley, la intención de mi comentario no era la de hacerle subir tanto la tensión como para ponerse a proferir improperios contra un servidor. Si no es capaz de soportar que se discrepe de su opinión -que no pasa de ser eso, a no ser que esté usted en posesión de la verdad absoluta- por lo menos podía avisar que sólo admite comentarios elogiosos, lo cual me habría evitado la molestia de hacer los míos. De verdad que no entiendo por qué se pica tanto, usted sabrá, yo he me limitado a equiparar dos situaciones similares (que lo son, aunque le cabree) y que conozco bastante bien. Pero no quiero extenderme más. En lo que a mí respecta, no se preocupe que en lo sucesivo sabré respetar la tranquilidad de su pensamiento (único).
Comprenderá que no me vuelva a pasar por aquí, como yo también que no me vaya a echar usted de menos.



12
De: Vendell Fecha: 2004-01-09 23:41

Pawley, a verdade e que con Paseante perde vostede a un comentarista de primeira :-(



13
De: Dorvisou Fecha: 2004-01-10 04:45

Dimas Martín, presidente do Cabildo de Lanzarote e diputado rexional, ingresará nas vindeiras horas na cárcere por unha "presunta" compra dun concellal de Arrecife no ano 1995. E digo presunto porque según o sobornado quen lle entregou o talón foi outro nacionalista.
Non lle vaia pasar o mesmo a Mochiño too much.



14
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-10 04:48

Paseante, e vostede moi livre de pasar por aquí ou de non pasar, de comentar ou de non comentar. Tenha vostede ben claro que a minha tensión non sube por causa dun comentario máis ou menos falto de verdade coma o seu á hora de tratar o tema de Sada, no que empezou mentindo a conta de Elena Ramallo e se enredou nun todo es igual, nada es mejor que a min persoalmente paréceme noxento/apestoso. A vostede enfádalhe que lho diga; a min tamén me enfada que me diga que son poco parcial e que me acuse de non saber soportar a discrepancia. Eu aturo ben os comentarios discrepantes; o que xa non aturo tan ben son os comentarios estúpidos, e só de estupidez cabe calificar a equiparación dunhas situacións que se parecen entre si tanto como un chourizo a unha ra.



15
De: el paseante (enterrando el hacha) Fecha: 2004-01-11 22:16

Sr. Pawley, debo reconocer que lo que comenzó como un comentario dirigido a tocar -amistosamente- un poco las criadillas del personal a ver qué salía, se ha ido un poco de las manos. Admito que las dos situaciones no son equiparables, lo que ocurre es que el personaje Ramallo me inspira tanta antipatía como el de Mr. Abundancia y detrás de su forma de proceder me parece ver una operación de ingeniería política perfectamente planeada para poder acceder al gobierno municipal sin pasar por una tránsfuga. Perfectamente de acuerdo, sin embargo, en que la legitimidad política (no ética) la otorgan las urnas y sólo ellas. Otra cosa es que en el pacto de gobierno lo verdaderamente importante para algunos de los protagonistas fuera más el reparto de dedicaciones exclusivas que el interés de los vecinos de Sada. Tampoco entendí en su día que en una noticia divulgada por la prensa en la que un vecino y ex amigo de Monchoesmucho hacía pública una carta en la que éste último reconocía una serie de irregularidades que en su día habían beneficiado a aquel, la prensa no censurara también la actitud de dicho vecino, que éticamente es igual de reprochable. Por otra parte me doy perfecta cuenta de que es preferible un pacto en una coalición en la que hay de todo, que la permanencia en el poder de este patético personaje. Y le puedo asegurar que sé diferenciar perfectamente que hay cosas más importantes que otras en la vida política y que en todo esto lo verdaderamente importante es el pueblo sadense.
Pero lo que más me molesta de esta situación es que del tono de sus comentarios parece que todo esto fuera algo dirigido contra usted y le aseguro que nunca fue esa mi intención, por lo cual tampoco entendí la mala leche de sus contestaciones. Y eso en primer lugar porque es usted amigo del señor Vendell y en mi caso los amigos de mis amigos tienen, de entrada, todas mis simpatías. Pero además, resulta que soy habitual lector de su bitácora, en la que he podido disfrutar entre otras cosas de los mejores haikus que he leído nunca en lengua gallega, y le aseguro que es mucho más lo que nos separa que lo que nos aleja, que también lo hay. Por ejemplo, a mí me encantan Wilco, pero prefiero el Being There al Yanqui Hotel Foxtrot; me gustan muchísimo REM, pero sobre todo la primera etapa, la de Murmur o Reckoning y no a partir del Green; adoro a los Jayhawks, aunque también en su primera etapa, sobre todo el Hollywood Town Hall. Y en cuanto al cine, sólo con John Ford tendrímos para hablar días.
Pero bueno, espero que esto sirva para zanjar lo que no es sino un malentendido, y si no es así por lo menos le habré aclarado mi postura al respecto. Un saludo.



16
De: Anónimo Fecha: 2004-01-12 07:28

Sr. Paseante, su respuesta le dignifica, pero contenga un poco su afán (tan común por otra parte) de jugar a tocar los cojones. Hay asuntos que no lo admiten, y no son lo mismo las chorradas de Algernon, por poner un ejemplo conocido, que el caso de Sada.

En cuanto a la Sra. Ramallo, y sin afirmar en ningún momento que sea trigo limpio ni lo contrario, sí es bien sabido por qué la expulsaron del PP: por denunciar los robos de fondos públicos (jejeje) que había venido haciendo su alcalde Monchoesmucho. Y el PP se alineó como un solo hombre para castigar a la señora que denunció que en ese partido se cometían fraudes punibles.

Lamento no haber leído hasta ahora el comentario de mi tocayo Anónimo. Habría ido a la mani de hoy. Ahora es tarde.

Por otra parte, una pregunta. En la radio pillé al vuelo unas declaraciones del portavoz de la Plataforma Ciudadana. ¿Es una barbaridad si digo que me pareció una voz conocida?

Saludos, y enhorabuena por la valentía y la claridad de su postura, Mr. Pawley, con la que coincido plenamente.



17
De: Portavoz de la Plataforma Fecha: 2004-01-12 21:06

Soy Juan Carlos Medal,
Sr,. Anónimo, actué libre
y voluntariamente como portavoz de la Plataforma
Cidadá Pola Democracia en Sada de la que, igual de libre y voluntariamente,
formé parte activa desde el mismo momento de su constitución.
Si la voz le resultó familiar sepa que era la mía. Ahora me gustaría también saber quién es vd. No sin antes adelantarle que para mí fué un honor desempeñar esa función.



18
De: Jaitos Fecha: 2004-01-12 21:42

Benqueridos Martín Pawley, Vendell, Paseante...e mesmo anónimo:
Perdoade que compareza un pouco tarde. Andei os derradeiros días metido de cheo no fregado de Sada. Tiven uns días de vacacións e fiquéi absolutamente desvencellado deste blog.
Quérovos agradecer o voso apoio e diciros que
que temos moito do que falar e que o estóu desexando...pero agora toca traballar na profesión
que é do que xanto, maila
que o Monchoesmucho non o crea.
Martín, como propietario de "días estranhos" agradézolle o apoio á
Plataforma...Non sabe vostede como votéi de menos a súa facilidade de escreber en galego...
Falar ainda vou falando,
pero na escrita son un desastre como podes ver.
Unha aperta a todos, méus. Témonos que ver,
o licor café poñoo eu.



19
De: Sananton do Castelo Fecha: 2004-01-13 00:01

Don Jaitos, reverendo padre:

¡Fálteme dios que era su voz la que me pareció haber escuchado! Si el asunto ya era digno, ahora lo es todavía más si cabe.

No hace falta que le diga que me encantaría compartir ese licor café, ¿no?

Cuente usted con mis bendiciones laicas, además de con todo mi cariño, tanto en lo personal como en la causa que le ha tocado defender.

Ya sabe: a mandar.

Un abrazo.

(Sanantón do Castelo saliendo excepcionalmente del anonimato a petición del respetable)



20
De: Jaitos Fecha: 2004-01-13 01:58

Benquerido Páter Sanantón :
Non era a miña
intención forzar demasiado.
Polo contido do seu escrrto, sospeitaba que tratábase dun amigo...Agora séino, e alégrome de lle ter forzado.
O do licor café por suposto. Só que agora terán de ser duas botelas.
Graciñas, saúde e benvidas as suas bendicións. Vémonos méu.
Unha forte aperta



21
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-13 06:01

Se hai licor café, conten comigo.



22
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-13 06:57

Sanantón do Castelo: é vostede o anónimo menos anónimo que conhezo!

Jaítos: alégrame velo de novo por aquí. Fágame o favor de usar livremente este blog para comunicar calquera cousa que desexe.

Lamento non ter estado onte tampouco na manifestación. Se non me equivoco, sei que hai convocadas concentracións durante os próximos días en Sada. A moción de censura é o luns 19. Tenhen previsto algún acto especial para a próxima fin de semana, xusto antes de que a canalhada tome corpo?



23
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-13 08:38

Polo que di aquí o xornal El Mundo, Monchotúyasabes non poderá ir aos Estados Unidos nunha boa temporada...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.80.26.116 (a1571124f6)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley