caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Un feliz invento
> Un feliz invento <

É o libro máis fermoso deste final de ano. Unha obra excepcionalmente editada que ao longo dunhas trescentas páxinas xunta contos, poemas, cancións e até receitas de cociña, facendo un exhaustivo percorrido polos costumes do Nadal nas diferentes culturas de España e Latinoamérica. O meu ego sentiríase reconfortado de se sentir quen de crear algún día un relato tan bo como o de Xabier P. Docampo que case abre o volume. Un regalo perfecto para calquera nestas datas, tanto que eu xa decidín levarllo dentro duns días a ela, aproveitando que ademais hoxe está de aniversario.

Eu, que son ateo convencido, gosto moito do Nadal. Para min o Nadal é un espacio mítico, o escenario do It's a wonderful life de Capra e desa Noite do cazador que amo por riba de todas as cousas. O Nadal son as novelas e contos de Dickens, cheas de cargas de profundidade que cada ano que pasa vólvense máis necesarias. O republicano rencoroso que son puxo onte, como todos os anos desde hai tres, a vestimenta de Rei (Mago) para contemplar con gozo os rostros dos nenos, uns con medo, outros con entusiasmo e alegría, sempre cargados con toneladas de ilusión, a que lles permite ter fe nun tipo gordecho coa cara pintada de cor preta. Queren crer en nós, e cren. Na idade das ilusións inocentes a esperanza segue sendo un motor esencial, algo do que os adultos temos moito que aprender.

Todos temos historias e lembranzas asociadas ao Nadal. Para min o deste ano arranca marcado pola humanidade do Ibu, o irmán senegalés que me abreu unha xanela a África o venres ao xantarmos xuntos, mentres os seus ollos revelaban a emoción de se saber protagonista dun feliz invento.

2003-12-21, 03:46 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/14046

Comentarios

1
De: Jaio, la navideña Fecha: 2003-12-21 10:40

Es un auténtico honor, sultán. Vivir sin ilusión nos arruga el alma y nos aleja de la infancia, cuando la vida nos parecía un pastel inmenso al que había que dar lametones, a veces furtivos, a veces descarados pero siempre mágicos.
Comparto con usted la ilusión por la Navidad.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-12-24 09:28

Aí vai unha referencia máis detalhada do livro, por se a alguén lhe pode ser de utilidade:

El gran libro de la NAVIDAD
Selección, notas y miscelánea: Ana Garralón
Ilustración: Federico Delicado
Textos de Ana Garralón, Vicente Muñoz Puelles, Xabier P. Docampo, Javier Sáez Castán, María Cristina Ramos, Ester Feliciano, Ana María Machado, Graciela Montes, Gabriela Mistral, Olga Xirinacs, Mariasun Landa, Hans Christian Andersen, María Teresa Andruetto, Gerardo Diego, Juan Cruz Igerabide, Antonio García Teijeiro, Elena Fortún, Rafael Jijena Sánchez, Eliacer Cansino, Jorge Luján, Daniel Nesquens, Paloma Orozco, Teresa Durán, José Zafra, Jacob e Wilhelm Grimm, Isaac Bashevis Singer, Gonzalo Moure, Rubén Darío, Agustín Fernández Paz, Tono, Sagrario Pinto e María Luisa Torcida.
Editorial ANAYA
ISBN: 84-667-2761-2



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.236.133 (cb759b668d)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley