caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Mildred e Cecil
> Mildred e Cecil <

Mildred e Cecil gostaban de ver os desfiles do catro de xulho. En vacacións ían repousar a un hotel en La Jolla e caminhaban pola praia, mirando o solpor. Mildred e Cecil ceaban sós polo Nadal, en mesas tristes con dous únicos pratos. Mildred facía unha árbore con postais e o seu marido sacábalhe fotografías.

As súas vidas fican hoxe reducidas a un feixe de diapositivas en mans do Dr Zippie, que conta a formidável historia no seu blog. Houbo un tempo en que esas imaxes en cores rancias representaban algo para alguén. Traían saudades de viaxes pasadas ou de efémeras celebracións. Hoxe transmítennos fundamentalmente soedade, pero tamén a amargura de constatar que todos nós seremos algún día como Mildred e Cecil, nomes esquecidos nunha axenda velha.

2003-12-10, 08:41 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/13774

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2003-12-10 09:58

Nomes esquecidos... con casa habitadas por outros e teléfonos nos que ninguén xa contesta. O marcharen deixamos moito desorden, malia que ó mundo non lle parece importar demasiado.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-12-10 10:41

Acabo de lembrar o título dunha composición da Penguin Cafe, The sound of someone you love who's going away and it doesn't matter.

As fotos de Mildred e Cecil parecen arrancadas dunha película dos cincuenta. Algo así como o Viaggio a Italia de Rossellini pintado coas cores chamativas dun Douglas Sirk. Aínda que, ben mirado, quizá estean máis próximas á re-leitura desapiadada que Todd Haynes fixo en Far from heaven.



3
De: Jaio la dulce Fecha: 2003-12-12 08:45

Ya le digo, sultán, que esa es nuestra trascendencia. Lo que dejamos de nosotros en otros seres. Aunque sean unas polvorientas diapositivas.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.92.243 (ad14e44e47)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley