caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Indiferencia
> Indiferencia <

Hai un par de semanas El Pez amosaba o seu desgosto ante a escasa presenza do aniversario do Prestige nos blogs de Blogalia. É certo que cada un é ben libre de escribir sobre unha cousa ou outra, pero do mesmo xeito el tiña (e eu tamén) dereito a amosar estrañeza ante o aparente desinterese pola traxedia un ano despois de se producir. É obvio que ese sentimento meu non é o maioritario; así é que podemos ler ao autor de Magonia lamentándose da "pouca" repercusión dun artigo de Javier Armentia sobre J. J. Benítez, sepultado ao parecer polo vigoroso empuxe do Nunca Máis nesa campaña de concienciación redeira que un servidor emprendeu daquela. Curiosa maneira a súa de interpretar a realidade, por certo, xa que ese artigo de Armentia apareceu publicado en El Correo, un xornal con varios centos de miles de leitores, mentres que os textos creados coa intención de lembrar o 13-N apareceron en pouco máis de trinta blogs.

Sei que hai xente á cal iso dos días de... non lle fai ningunha graza, e mesmo sinte un certo desprezo por eles. Sempre sae alguén dicindo unha parvada do tipo "hai que acordarse destas cousas todos os días do ano e non un só". Ben, alá eles. Todos sabemos que hai materias das que non se fala nos xornais, nas radios e nas televisións; pasamos a vida na máis absoluta ignorancia a respeito delas, ou como moito convivimos con elas ao fondo pero sen lles prestar a necesaria atención. Para iso nacen os días de..., para que polo menos durante unhas horas esas cuestións salten diante dos nosos ollos e non as poidamos evitar. Por iso hai o día contra a violencia de xénero e o día dos dereitos humanos e non hai, porén, o día do fútbol profesional porque de Beckham e toda esa tropa xa temos leria dabondo ao longo de todas as xornadas da nosa existencia.

Onte foi o día mundial contra a SIDA. A SIDA afecta hoxe por hoxe a 40 millóns de cidadáns, dos cales as tres cuartas partes viven na África. Só nese continente levarán morto dous millóns e meio de persoas e aparecerán máis de tres millóns de novos contaxiados antes de que remate este ano 2003. A razón fundamental desas mortes é a de seren pobres. Se fosen ricos coma nós terían acceso a un sistema sanitario que convertiría a súa enfermidade en crónica. Terían medicinas que lles outorgarían unha vida máis longa e con máis calidade. Lementabelmente todo iso fícalles vetado. Sobre eles pousa unha condena terríbel que asegura un morto cada trece segundos.

Podemos permanecer alleos ao xenocidio cotián que é a SIDA na África. Onte, na data adicada á súa lembranza, non foron demasiadas as bitácoras que lle prestaron atención ao tema. Podía terse falado da SIDA desde os parámetros da divulgación científica que lle son tan proprios a algúns vixías da ortodoxia blogosférica, ou desde a visión íntima e persoal dos que conviviran coa enfermidade dalgún xeito, ou a través da esixencia de solucións urxentes. Reclamando que se invirtan os cartos necesarios para enfrentarse con decisión ás enfermidades que esnaquizan as nacións pobres, nacións de homes e mulleres coma nós que rin e choran coma nós. Cidadáns á espera de que chegue o día en que cando uns xefes de estado se reúnan nas Açores sexa para encamiñar os seus ánimos bélicos na guerra contra a fame e a miseria, as únicas que en verdade pagan a pena. Porque sabemos que hai problemas tan sinxelos que poden resolverse con diñeiro.

Pero, que podemos agardar deles cando nós mesmos non amosamos nada máis que indiferencia?

2003-12-03, 07:54 | 21 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/13591

Comentarios

1
De: ^Sandman Fecha: 2003-12-03 08:04

Realmente, nosso modo de vida é tão estúpido que ignoramos o sofrimento diário de milhões de pessoas.
Não é só a AIDS, que na verdade está na mídia pois não faz distinção entre ricos e pobres, mas a fome, a malária, a desidratação matam muito, e cruelmente matam os mais fracos e mais pobres.
Somos animais estranhos... existe ainda esperança?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-12-03 08:21

Certo, ^Sandman, pero non esqueza que a SIDA era noticia cando mataba aos ricos, sobre todo. Agora mata fundamentalmente aos pobres, como a malaria ou a desidratação que você cita.

Existe esperanza, sen dúvida. De non existir esperanza nada disto teria ningún senso.



3
De: Vendell Fecha: 2003-12-03 08:22

Vostede ben sabe que do silencio á indiferencia vai un bo treito, ainda que de todos os pecados posibles, o de omisión e o máis liviano.

Por outra banda, suscribo o que escribe no séu post. Hai ideas que de puro simples se convirten en initelixibles para según que dirixentes.



4
De: El último Fecha: 2003-12-03 09:33

Con la venia:
La celebración del día de esta o aquella calamidad, es un fenómeno puramente mediático. Son los medios los que se pueden tirar un año entero si toca el tema. Y llegado el día, vomitan por los cuatro costados todos los topicazos sobre el asunto, sin llegar nunca al meollo.
Siempre dentro de los márgenes estrechos del pensamiento único que ni arregla nada, ni deja arreglar.
Compresiblemente, el público se harta de sentir lo que no quiere saber, o de no sentir, lo que se debería decir. Y otros se cogen al carro y un día piensan como los medios le inducen.



5
De: Jaio la espía Fecha: 2003-12-03 10:24

Cierto que para algo servirán, digo yo, los "días de..." pero no menos cierto es que cada cual tiene el irrenunciable derecho de sumarse a ello o no y el derecho a no ser juzgados tanto por hacerlo como por no hacerlo, igual que con lo del "Nunca mais"



6
De: Martin Pawley Fecha: 2003-12-03 10:33

Por suposto, Sultana, e eu non dixen o contrario. A minha é unha reflexión xeral sobre o que eu vexo. E o que eu vexo é, en xeral, un certo conformismo, unha certa indiferencia, un certo pecado de omisión, como insinuaba Vendell...



7
De: Paco Penas de DORVISOU Fecha: 2003-12-03 12:37

A espranza ten data de caducidade, non é un tempo indefinido. Ata teríamos que sacrificar a nosa esistencia para endereitar o rumbo do planeta que nos cobixa porque non me cabe a duda que sen a nosa presenza a terra sería un verdadeiro paraiso.
Bueno, tampouco quero ser tan pesimista, coido que con sacrificar a algúns politicos xa che chegaría.
Hae dias de... que son insprescendivels.



8
De: Jaio la espía Fecha: 2003-12-03 19:19

Conformismo o indiferencia son dos de las razones por las que alguien puede decidir (en este caso no decidir) sumarse a una protesta. Hay otras muchas explicaciones más, que a mí se me escapan, pero que seguramente existen en la mente de cada cual. Lo interesante es crear el ambiente adecuado para que cada uno las pueda expresar. Eso es lo que enriquece.



9
De: ^Sandman Fecha: 2003-12-03 20:06

Certamente, Jaio. Creio que este blog é o local ideal para não só conhecer as opiniões do amigo Pawley, mas sobretudo discuti-las. Posso até não concordar, mas morro defendendo o teu direito de opinar :)



10
De: Jaio la espía Fecha: 2003-12-03 20:11

Cierto, Sand, Pawley es uno de esos seres humanos a los que le importa que los demás puedan decir, incluso cuando sabe que lo que vayan a decir no lo comparte.



11
De: Mc Fecha: 2003-12-04 00:29

Pues Pawley, lo acepto, soy una parva. ;))

Yo soy de las que estoy totalmente en contra de "los días de". Y tb. en contra de unirse a esta o aquella campaña. Coincido con el post 4 de el ultimo.
Mire para mi las acciones tienen que salir del convecimiento y no del adoctrinamiento y el querer quedar bien. Si esto fuese así.. toda la gente que salio protestando contra la guerra o se manifestó por el Prestige.. los resultados electorales no hubiesen sido los mismos, no cree??
No hay cultura ni pacifista ni ecologista, ni muchas otras.. pues por ahi es por dónde creo que debemos de empezar.. educando y justo esa es mi labor y la que intento (no siempre lo consigo)hacer todos los días y no sólo un dia al año en lo que sea..
Estamos en diciembre.. telemaratones de todo tipo.. apadrine niños que se ganará el cielo, por ejemplo.. y qué?? si con eso se quedan encantados con haber cubierto su cuota de solidaridad anual y se olvidan hasta las navidades siguientes..
pero somos consecuentes con las causas y origen de por que llegamos a esas situaciones?? pues eso.. que falta la base..

Saludos.



12
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-12-04 02:58

Eu estou a favor dos "dias de...". Como ben di Mr. Pawley non hai "dia do futbol" porque do futbol "to dios" acordase, mais de problemas como a fame, a sida, etc. sabemos que existe pero parece que non nos acordamos, por iso os "días de..." nos fan lembrar que iso esta ahi. O que si creo que nos "dias de..." non se deberia de dicir "apadrine a un neno" (por exemplo), senon que se deberia de dicir que os nenos podense apadrinar durante todo o ano, que de pouco vale que só se apadrinen nenos un dia. Tamén é certo que os meios de comunicación neses dias só dan topicos (que son certos) pero aínda asi seguimos indiferentes; pero non todos os meios só dan topicos, senon fixate nos documentais que preparou Canal + pra estas datas.

¿Pra cando a era da non indiferencia?



13
De: Martin Pawley Fecha: 2003-12-04 07:24

Mc: acepto que a cultura da paz e do respeito nacen da educación, por suposto. Pero non esqueza vostede que non só se educa desde os colexios. Tamén se forma a xente a través dos meios de comunicación, das campanhas informativas e mesmo desde unha bitácora. Dar a conhecer a realidade do mundo no que vivimos nunca está de máis, de aí que eu transmita a minha perplexidade ante o escaso eco de certas convocatorias. A idea de que destas cousas non se pode abusar porque se satura ao cidadán chámame moito a atención, porque pola mesma regra de tres tamén debería ficar farta a xente do fútbol e da trapalhada do famoseo, e non parece ser ese o caso. Quizá o problema estea en que o noso nível de tolerancia ante a desgracia alhea é ben cativo e fuximos dela con toda a enerxía de que dispomos.

Tampouco podemos mesturar uns problemas cos outros. Hai situacións complexas que quizá non poidan resolverse sen entrar en grandes mudanzas do sistema, do noso xeito de vida. Pero como dixen no post hai outras tan simples que se resolven con cartos. Sabemos que cada euro invertido na loita contra a enfermidade fai que as probabilidades de supervivencia de algún ser humano coma nós aumenten. Ante a urxencia de certas traxedias o dinheiro é imprescindível, así que benvido sexa cada céntimo recadado de xeito honesto con destino a causas xustas. E logo, ademais diso, pensemos alternativas; pero primeiro, ou ao mesmo tempo, paremos a masacre.



14
De: Leonel Vicente Fecha: 2003-12-04 08:03

Tenho pena que se tenha realizado aquela "reunião" nos Açores, para anunciar que se ia fazer uma guerra...
A propósito do Prestige, chega-me a informação que há um navio em trânsito e que vai passar junto das águas da Galiza e de Portugal. Será que alguém pode garantir que o vai fazer de uma forma segura?



15
De: Mc Fecha: 2003-12-04 08:20

quizás lo que pienso viene dado por mi escepticismo hacia como se emplea ese dinero recaudado en las campañas.. :((

ejemplos ha habido y hay para ello.. :((



16
De: Vendell Fecha: 2003-12-04 08:21

Non se preocupe Leonel, ata dentro de dez anos non toca en Galicia outra catástrofe ecolóxica causada por verquidos náuticos.



17
De: Jaio la espía Fecha: 2003-12-04 09:24

Es que si no, señor Vendell, se cargarían la ley d eprobabilidades.



18
De: Martin Pawley Fecha: 2003-12-04 09:59

Na España a quen lhe toca ¿garantir? a seguridade marítima é ao mesmo inepto que ¿garante? a seguridade do AVE Madrid-Lleida, ese tren ao que lhe saen socavóns... Polo demais, amigo Leonel, podemos estar ben (in)seguros: con políticos coma os nosos que ante unha crise como a do Prestige se encomendan á Virxe de Fátima ou ao Apóstolo Santiago será melhor que vaiamos pedindo reservas de material de limpeza, polo que poida pasar...

Aviso a navegantes: o Leonel está facendo no seu blog un exaustivo e interesantísimo relato da historia da blogosfera portuguesa. Moi recomendável, fáganme caso.



19
De: Moebius Fecha: 2003-12-05 04:04

Desde luego, hasta que no lleguen al gobierno los "izquierdistas" que han echado a Pérez Mariño para poner un alcalde del PP, "España" no estará bien gobernada



20
De: Martin Pawley Fecha: 2003-12-05 07:29

Si, si. Para esquerdista, don Ventura. Mete medo a calquera, vaia. Entre el e Paco Vázquez acabarán isntaurando a III República.



21
De: Leonel Vicente Fecha: 2003-12-05 07:42

Martin, obrigado pela referência à "história da blogosfera portuguesa".
A "melhor parte" ainda está para vir (a grande "explosão" dos meses de Junho/Julho)...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.81.192.192 (62526a4191)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley