caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Vida
> Vida <


Manifestación en Santiago, 1-12-2002. Fotografía de Xurxo Lobato para "La Voz de Galicia"

Tinha pensado agardar até o vindeiro luns un de decembro, pero vendo as cousas que algúns energúmenos están deixando aquí e alí creo que non paga a pena adialo nin un minuto máis: este blog fecha hoxe as súas portas. Este é, polo tanto, o último post neste acolhedor bairro que foi Blogalia.

Desde o primeiro día o principal destinatario do blog fun eu mesmo. Creei a bitácora para obrigarme a escribir a diario, adquirindo algunha clase de compromiso cara uns leitores que nun principio eran ben escasos. Tanto me daba. O blog tivo moito de ensaio literario onde fun deixando sen pudor textos de variada condición elaborados co talento, pequeno ou grande, que eu poida posuír. O blog serviume para constatar, con grande satisfacción, que era quen a improvisar un texto máis ou menos aceptável en relativamente pouco tempo. Aprendín a gostar de min e a descubrir que non sendo especialmente bon, tampouco era eu especialmente malo.

Estes meus días estranhos naceron en tempos manifeirantes, ao son do Nunca Máis e o Non á guerra, proclamas esas que demasiada xente parece ter esquecido en só uns poucos meses. Ese Nunca Máis que Manuel Rivas convertiu en berro sen límites no manifesto lido na xa mítica manifestación do 23-F deste ano en Madrid, e que eu suscribín por duas veces neste blog: Nunca Máis ao odio, en todas as súas formas. Nunca Máis ao terrorismo. Nunca Máis á guerra. A minha condición de rencoroso e resentido fíxome engadir un ladrido final: Nunca Máis á fame.

A tolerancia e o respeito non son medalhas que un se colga unha vez e duran para toda a vida. A tolerancia e o respeito constrúense día a día desde a aceptación de que todos somos diferentes. Desde un escepticismo xenuino que fuxa de visións integristas da realidade, de calquera realidade. A tolerancia, a liberdade, a búsqueda do conhecemento, a pelexa continua pola felicidade: todo canto nos fai humanos nace a forza de asumir riscos, de equivocarnos moito, de acertar ás veces. De proponher ideas, de admitir dúvidas, de negar dogmatismos. De aceptar ao que non pensa coma min, e de defender até a extenuación o seu dereito a non pensar coma min. De entender que os significados das palavras atópanse nos dicionarios e non nas nosas particulares galerías de prexuízos.

Para rematar, case: esta bitácora sempre desexou ser unha ponte (modestísima, pero ponte ao fin e ao cabo) entre a Galiza e as outras terras que falan a minha mesma lingua: Portugal e o Brasil, fundamentalmente. Do que máis feliz me sinto é de ter contribuido desde a minha minúscula leira virtual a que tal cousa sucedese. Diso, e de ter contactado con companheiros, ouso dicir xa amigos, coma o Pedro Lemos, o ^Sandman, o Leonel Vicente ou o trío do "bazonga da kilumba"... De todos eles, e de moitos outros máis ás dúas beiras das augas grandes, espero seguir tendo noticia no futuro.

O blog renacerá algún día, sen dúvida. Non será manhá, nin o venres, nin a semana que vén. Non sei cando e tampouco sei onde. Iso non importa. Unha bitácora é só unha bitácora, simplesmente. Por se non se decataran, aínda.

P.D.: Hoxe tinha previsto ponher aqui un soneto de José Hierro. E aquí o ponho, claro. Como que me chamo Pawley:

VIDA

Después de todo, todo ha sido nada,
a pesar de que un día lo fue todo.
Después de nada, o después de todo
supe que todo no era más que nada.

Grito "¡Todo!", y el eco dice "¡Nada!".
Grito "¡Nada!", y el eco dice "¡Todo!".
Ahora sé que la nada lo era todo,
y todo era ceniza de la nada.

No queda nada de lo que fue nada.
(Era ilusión lo que creía todo
y que, en definitiva, era la nada.)

Qué más da que la nada fuera nada
si más nada será, después de todo,
después de tanto todo para nada.

(Do livro "Cuaderno de Nueva York")

Para ver a lista con todas as historias de días estranhos, picade aquí.

2003-11-27, 10:24 | 47 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/13396

Comentarios

1
De: Snob Neurotico Fecha: 2003-11-27 10:30

Non se me dan ben as despedidas, xa cho dixen.
Aínda que sexan un simple ata-logo, como esta.

Deica a próxima, Martin.



2
De: ^Sandman Fecha: 2003-11-27 11:15

Martin: como na vida, a tua despedida me causa uma certa tristeza, o q é estranho, pois na verdade não nos conhecemos além do virtual da tela do computador.
É interessante como a internet nos permite ver mais de perto quem está tão longe. Espero q ela permita também continuar tendo notícias de ti, q ouso chamar de amigo.
Grande abraço



3
De: Paco Penas de DORVISOU Fecha: 2003-11-27 12:16

moitas veces sucede que te cruzas con alguén e un di: hola
e o outro contesta: adios

Este foi o primeiro blog no que aterricei, fai só un mes, e que me sirveu de ponte para navegar por outros. cada noite ao chegar a minha casa esta páxina era coma unha segunda porta cara á fisterra.
Moitas gracias.
Ata sempre.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2003-11-27 12:54

Creo que xa é momento de ponher por aquí un pouco de música, non lhes parece? Djavan, "Flor de lis":

Valei-me, Deus!
É o fim do nosso amor
Perdoa, por favor
Eu sei que o erro aconteceu
Mas não sei o que fez
Tudo mudar de vez
Onde foi que eu errei?
Eu só sei que amei,
Que amei, que amei, que amei
Será talvez
Que minha ilusão
Foi dar meu coração
Com toda força
Pra essa moça
Me fazer feliz
E o destino não quis
Me ver como raiz
De uma flor de lis
E foi assim que eu vi
Nosso amor na poeira, poeira
Morto na beleza fria de Maria
E o meu jardim da vida
Ressecou, morreu
Do pé que brotou Maria
Nem Margarida nasceu



5
De: Jorge Fecha: 2003-11-27 16:15

Pola parte que me toca, gracias e ata logo, ainda que eu son un afortunado, bloguearemos en persoa na miña casa, non hai problema.
Como diría un republicano coma min: "O rei morreu, viva o rei".
PD.- Moi boa elección co disco é a película do ano.



6
De: Yogurtu Fecha: 2003-11-27 17:21

A mí a veces me da por recordar la inscripción del amuleto de La historia interminable: Haz lo que quieras.

No significa que uno pueda hacer lo que le venga en gana. Muy al contrario, significa que uno debe hacer únicamente aquello que realmente desee.

Si de verdad quiere cerrar el blog, adelante. Si no es así, recapacite y retráctese. Me daría una gran alegría.

Disculpe que no me despida.



7
De: Moebius Fecha: 2003-11-27 17:47

inexplicablemente me siento algo culpable, una pena



8
De: A. Rivadulla Fecha: 2003-11-27 17:53

efectivamente, trátase só dunha bitácora, pero dunha moi boa bitácora.

alegrareime moito cando voltes, sen dúvida algunha.

este si que é un dia estranho.



9
De: Ferran Fecha: 2003-11-27 17:53

Realmente es una pena. No voy a escribir un panegírico, pero si diré que echaré de menos este blog. Cuando renazca (y digo "cuando renazca", no "si renace", porque no perderé la esperanza de volver a leerle), no se olvide de avisar. Como ha dicho Yogurtu,



10
De: Ferran Fecha: 2003-11-27 17:54

me daría una alegría.



11
De: Algernon Fecha: 2003-11-27 17:55

Está comprobado que es imposible cerrar un blog, así que anímese, Pawley. No conozco ningún blog con más de tres meses de antigüedad, que haya sido cerrado definitivamente. Y menos aún, blogs con semejante éxito.

Todos vuelven. Todos toditos todos.



12
De: indiredo Fecha: 2003-11-27 18:55

E agora qué, eh! ¿Terei que refacer o meu faiado onde se atopaba vostede entre os recomendados? Nunca máis, que tenho trabalho dabondo cos meus gatos para andar a quitar ligazóns.
Saúde, Terra e Belas Artes.



13
De: David Fecha: 2003-11-27 19:05

É unha pena. Espero que volvas pronto.
Ainda que penso como algernon: todos volven.
Avisanos cando resucites...



14
De: Anónimo Fecha: 2003-11-27 19:06

Recuerde usted, Mr. Pawley, a Manuel Alegre:

--------
Venho dizer-vos que não tenho medo
a verdade é mais forte que as algemas
Venho dizer-vos que não há segredo
quando se traz a alma cheia de poemas

Pode ser numa ilha ou numa prisão
em qualquer lado eu estou presente
tomo o navio da canção
e vou direito ao coração de toda a gente
--------

Sé que es difícil superar esta profunda sensación de asco.

Pero no les ceda, Mr. Pawley, esta pequeña isla de libertad, tan bien ganada, desde la que usted, que tiene el alma llena de poemas, llega derecho al corazón de algunos. No renuncie, Mr. Pawley. Resista.

Sepa también que, si lo hace, algún otro dirá "ya lo sabía yo". Peor para él: seguirá sin enterarse de nada.

Resista, Mr. Pawley. Para que algún día la verdad sea más fuerte que los grilletes.



15
De: Jaio la espía Fecha: 2003-11-27 19:07

Sultán, usted es un ser con personalidad propia. Bien definida. Firme. Irrepetible. Usted gozaba con este blog. Y muchos, a este lado de la pantalla, gozábamos con sus escritos.

La última vez que soplaron vientos huracanados por este mundo, usted los apaciguó con esta historia. Avanzando, hacia delante. En positivo.

Usted, por sí mismo, nunca habría cerrado el blog. No permita que el comportamiento de otros seres condicione el suyo. No puede cerrarlo. Se lo debe a usted y nos lo debe a los que cada día espiábamos su "duende".

Yo seguiré entrando en esta página cada día a la espera de su próxima historia.



16
De: Angie W Fecha: 2003-11-27 19:40

Eu tamén voltaréi cada día.



17
De: Descalza Fecha: 2003-11-27 19:54

Cuando se toma una decisión, se acatan las consecuencias, gusten o no...y como le conozco lo suficiente...sé que no volverá ... Pero también sé, que si no sigue, es que se ha resignado...y le duela o no...yo no lo acepto...y le hablo en serio (ya me conoce lo suficiente..). Y, esté yo de acuerdo o no con lo que decida...vendré con jaio y angie.



18
De: El último Fecha: 2003-11-27 19:59

Martin, tomese su tiempo y hasta la próxima, porque ocasiones, esta previsto que no nos van a faltar.



19
De: Todo Nada Fecha: 2003-11-28 00:43

Pawley, eu acabao de chegar e dame moita lástima que vostede se vaia. Agardo impacientemente o renacemento. Hai que resistir!

Fermoso poema de Hierro, por certo...



20
De: not a pretty girl Fecha: 2003-11-28 00:47

El cierre de este blog y los motivos que adivino subyacen a su decisión hablan por sí solos, creo que poco más se puede añadir. Lamento el cierre de cualquier blog de los que leo con agrado y aprecio a diario, pero en esta ocasión las circunstancias lo convierten en una pérdida doblemente triste. En pocas horas he tenido que asistir al cierre de dos excelentes blogs de dos personas igualmente excelentes; uno es el suyo. Y siento que ambos cierres se deben a razones bastantes similares, o que al menos han venido a converger por circunstancias lamentables. Comprendo su decisión más de lo que se imagina.

Pawley, un abrazo de los de verdad, y mucha suerte. Puede contar conmigo para aquello que precise.



21
De: ElPez Fecha: 2003-11-28 01:23

Pawley: respeto tanto tu decisión como me duele. Poco más se decir, cuando a uno le duele (me duele Pawley) no está para largos parlamentos.

adeusinhos



22
De: eva-lamaga Fecha: 2003-11-28 02:13

non vou a decirche o que tes que facer, martin pawley, so poido decir que te añorarei, e muito.. Oxalá que fagas o que fagas a tua decisión só te aporte cousas boas.
Non sei o que está a pasar pero sí sei que non me gusta nada. Escribirei unha carta máis longa e máis privada, só pra ti.
bicos e muita sorte, amigo.



23
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-11-28 03:22

Unha pena, un dos blogs que sempre lía a diario (aínda que non tivese tempo).
Voltarei a entrar a diario por se hai algun post novo e porsuposto agardo con impaciencia a que abra o seu proximo blog :P



24
De: eledhwen Fecha: 2003-11-28 03:23

Eu son unha privilexiada, coido, porque teño a esperanza de debatires ainda e de cando en cando con vostede, en vivo.
Mais isto disgustame.
De tódolos xeitos, ate a próxima.



25
De: deneno Fecha: 2003-11-28 03:31

Dentro de dúas semanas entón...



26
De: Leonel Vicente Fecha: 2003-11-28 03:42

Não é possível!!!
"Não podes" deixar-nos assim!
Por causa de uns "energúmenos", "não é justo" que deixemos de poder fazer esta visita diária obrigatória.
Tenho a certeza que vais voltar!
Um abraço.



27
De: Jaio la espía Fecha: 2003-11-28 05:14

Señor Pawley: 15 días de descanso. Vale. Quince días y no se hable más. ¿Acepta?



28
De: canopus Fecha: 2003-11-28 05:29

Precisamente estaba escuchando ahora REM, y acordandome de quien que me lo recomendó alguna vez por el IRC.

Coincido con ElPez, Pawley. Ha dolido leer tu despedida.

Si hace falta, me acerco otra vez para allá. Ánimo.



29
De: Karras Samoa Fecha: 2003-11-28 07:25

Siempre he pasado por aquí y nunca me atreví a dejar un comment por vergüenza a mi mal gallego (dejé Santiago hace ya demasiados años). Voltaré hoxe e mañan, por si ainda tes ganas de escribir. Moitas gracias.



30
De: Martin Pawley Fecha: 2003-11-28 10:28

É un bon momento para ponher outra canción, claro. A minha favorita das de REM non podía faltar hoxe e aquí:

NIghtswimming

Nightswimming deserves a quiet night.
The photograph on the dashboard, taken years ago,
turned around backwards so the windshield shows.
Every streetlight reveals the picture in reverse.
Still, it's so much clearer.
I forgot my shirt at the water's edge.
The moon is low tonight.

Nightswimming deserves a quiet night.
I'm not sure all these people understand.
It's not like years ago,
The fear of getting caught,
of recklessness and water.
They cannot see me naked.
These things, they go away,
replaced by everyday.

Nightswimming, remembering that night.
September's coming soon.
I'm pining for the moon.
And what if there were two
Side by side in orbit
Around the fairest sun?
That bright, tight forever drum
could not describe nightswimming.

You, I thought I knew you.
You I cannot judge.
You, I thought you knew me,
this one laughing quietly underneath my breath.
Nightswimming.

The photograph reflects,
every streetlight a reminder.
Nightswimming deserves a quiet night, deserves a quiet night



31
De: Mc Fecha: 2003-11-28 20:17

Pawley respeto su decisión pero después de leer las razones por las que hizo esta bitácora, no lo entiendo.. no lo entiendo y sólo siento decepción.. y esperanza de poder darme el gustazo de volver a leerlo.. aunque no ponga nada, nos vemos por aqui Pawley..

saludos!!



32
De: Omar Fecha: 2003-11-28 23:39

É difícil acreditar. O que vamos fazer agora?. Talvez estou muito fora de tudo, não entendo as causas (que pressões? que energúmenos? qual é o poder que têm?), mas, como já sabes, estou (como todo o mundo por aqui) do teu lado. Quero pensar que isto não é o fim, confio de mais nas reviravoltas da história. Aquele abraço...!



33
De: Jueves Addams Fecha: 2003-11-29 00:43

No le digo adiós, le diré Hasta Siempre
(porque seguís con nosotros, aunque sea por otros medios, que no creo que vaya a dejar de conectarse a la red...)
Saludos, a la espera de su vuelta...



34
De: ArvPart Fecha: 2003-11-29 09:02

Votareite de menos, abofé



35
De: EMF Fecha: 2003-11-29 12:43

Vostede dixome hai ben pouco que non deixara o weblog.

Ben, aínda que eu non o ía deixar, agora retomo as súas verbas: NEGOME, repito, ne-go-me a que vostede deixe de bloguear.

E que non o tenha que ires a buscar á casa!.



36
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-11-30 02:34

Se fai faia montase unha manifestacion multitudinaria en Santiago con remate no obradoiro pra que Mr. Pawley volva a postear :P



37
De: Julius Fecha: 2003-11-30 06:25

Como en los funerales, no sé que decir. Hasta la vista, Mr. Pawley.
:-m



38
De: Pedro Lemos Fecha: 2003-11-30 08:42

Acho que a vida comporta essa espécie de decisão: fazer cessar um período para que possamos renascer mais fortes, mais lúcidos e mais humanos. A rotina, não raro, tornar-se uma âncora cruel, a impedir que os nossos barcos sigam em busca de novas conquistas. Há que se soltar as amarras, pois.

"A Montanha Mágica" também encerrou as suas atividades; apesar das datas serem próximas, os motivos foram bem distintos. Apesar dos pesares, resta a satisfação de ter lido textos realmente interessantes e a ciëncia de que o retorno não é apenas possível, como também provável.

Um fraternal abraço deste teu colega e grande admirador.



39
De: Patético Fecha: 2003-11-30 20:48

Patético, Pawley hace un post diciendo educadamente que cierra su blog porque él quería que sólo vinieran por aquí gentes de pura raza galaica, y encima le piden por favor que vuelva. Lo dicho, patético.



40
De: Jaio la espía Fecha: 2003-11-30 21:32

Pues yo no me ocnsidero de pura raza de nada, prefiero la promiscuidad, y me siento bienvenida en esta casa siempre que me acerco. Yo no se lo pido por favor, no es un favor el que me hace, se lo pido por salud mental. No se pueden ni se deben silenciar las ideas razonadas.

Y sí, Patético, ca.
(Del lat. pathetĭcus, y este del gr. παθητικός, que impresiona, sensible).
1. adj. Que es capaz de mover y agitar el ánimo infundiéndole afectos vehementes, y con particularidad dolor, tristeza o melancolía.

Pawley es capaz de mover y agitar los ánimos, y eso es mejor que la indiferencia. Siemrpe.



41
De: Jaio la espía Fecha: 2003-11-30 21:35

Disculpen las erratas.

Donde dice ocnsidero debe decir: "considero".

Y donde dice Siemrpe debe decir: "siempre".



42
De: Martin Pawley Fecha: 2003-12-01 00:09

A verdade é que confundiron vostedes a estratexia: o que eu xustamente necesitaba para seguir aquí é un comentario de imbecilidade suma coma o 39. Porque, Patético, servidora non pretende que por aquí pasen só xentes de pura raza galaica (vostedes os "universalistas" son facilmente reconheciveis porque en canto poden meten polo meio a palavra "raza"). A minha intención é que cheguen a esta páxina xentes con algo sensato que dicir, e de cando en vez tamén algún idiota coma vostede para que exerza de contraste.



43
De: Jaio la espía Fecha: 2003-12-01 00:28

¿Eso quiere decir que "depone su actitud"? ¡Bravo! :-))



44
De: Jaio la espía Fecha: 2003-12-01 00:29

Ahora a recuperar a Belatza.



45
De: Anónimo Fecha: 2003-12-01 00:54

Sr. Patético: me temo que algún gen se ha caído al fabricar la raza globalizada a la que usted, ufano, se adscribe, resultando finalmente unos especímenes bastante tontos. No es necesario que lo demuestre más: nos ha quedado suficientemente claro.

Rebienvenido, Mr. Pawley. Ahora, me apunto con Jaio la Espía a recuperar a Belatza.



46
De: DON ANTONIO MARAGNO LACERDA Fecha: 2003-12-08 10:15

Querido Martin::
Costumo dizer que a Web é o homem. E'um espelho. Onde
ele se mostra, na maioria das vezes em toda sua nudez,e perversidade. Porém,apesar dos canalhas, acredito que io HOMEM "é o maior espetáculo da Terra".
E fico feliz quando encontro os bons, as boas pessoas, como você - que se opõe a guerra hipócrita,
a discriminação, a fome,ao
corporativismo em todas as classes.Mas ainda existem pessoas boas. E isto nos incita a seguir adiante. Pelo amor de Deus, continue com sua belissima pagina.O mundo precisa dela.Não a interrompa por um segundo siquer - pois cada segundo será o tempo em que biltres avançarão mais ainda.Sua bandeira de liberdade de expressão me
incentivou a viver. Eu,que
convivo em minha casa, com uma esposa, que está morrendo de cancer.E passo por toda espécie de humilhação e discriminação.
Se voce continuar, será o ar que respirarei. Que Deus o abençoe.DON ANTONIO MARAGNO LACERDA > jornaldosmunicipios@ig.com.br



47
De: Martin Pawley Fecha: 2003-12-08 10:46

Continuarei, por suposto, Don Antonio. Lamento as tristes circunstancias que o rodean a você. Na medida en que esta páxina minha poida aportarlhe algo de ánimo dareime por satisfeito.

Unha aperta agarimosa desde Galiza.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.197.75.83 (ccf77fbda8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley