Foi hai cousa dun mes cando propuxen na lista de correo dos
blogs en galego a posibilidade de publicarmos un mesmo texto para lembrar, tamén desde a rede, o aniversario do
Prestige. Un par de semanas despois tomeime a liberdade de pedirlhe ao escritor
Xabier P. Docampo que fose el o autor dese artigo, que había de aparecer en moi diferentes bitácoras. Xabier é das poucas persoas que merecen a minha
adhesión incondicional. Non só é o melhor autor vivo na nosa lingua: alén diso é unha persoa extraordinaria, xenerosa e amável, coa que sempre se aprende algo novo escoitándoo falar á calor dun café. Eu sinto grande admiración polo que Xabier leva escrito, pero sinto máis admiracion aínda polo que lhe queda por escribir. A el, pois, débolhe un agradecemento ben especial, pola súa xentileza ao nos deixar unha mostra do seu talento.
O que empezou sendo unha iniciativa entre blogs acabou tendo a súa web específica.
Lembra foi unha creación de
IaRRoVaWo, unha ocurrencia xenial súa que acabou por resultar extremadamente útil. Vaian os meus parabéns ao companheiro IaRRoVaWo polo seu fantástico trabalho, resolto case en tempo récord.
Tendo a web, ben pronto xurdiu a idea de traducir eses textos a diferentes idiomas. En verdade, non nos resultou nada difícil. Contamos coa axuda de diferentes persoas que adicaron parte do seu tempo e o seu esforzo a tal fin. Do
español encargueime eu mesmo.
Yogurtu ocupouse da versión ao
francés;
Tesuka do
inglés e
Algernon do
italiano;
Jaio xestiounounos a traducción ao
euskera e
ascárida ocupouse do
catalán. Deixo deliberadamente para o final o caso do
portugués. Considerando que o bon do
Omar pasa longas temporadas desconectado, e para evitar o risco de ficar sen unha boa versión na lingua irmá, optei por pedirlhes o grande favor da traducción a diversos blogueiros da lusofonía. Tiven resposta de dous, o
Paulo Hasse, un dos
bazongueiros, e o
Leonel Vicente; foi a deste último, por vir completa, da que fixen uso, xunto coa do felizmente reaparecido Omar. Muito obrigado a todos vós por encher a web con palavras xustas que poidan ser entendidas alén das nosas fronteiras.
E, por suposto, moitas gracias, tamén, a todos os que fixeron seus os textos ou incluiron enlaces a
Lembra:
A contraluz Almocreve das Petas A Montanha Mágica bazonga do kilumba belatza Blogo Social Portugués Cadenas de e-mail Café Crift Carta aberta Con mala letra Cuaderno de bitácora Deakialli de mares, portos e portas desbarradas de Akin desde o sovaco de cristo eCuaderno El peatón del aire El Pez EMF - mimosita Endurance Esbardalladas de Akin fotobitácora de un osito .gz GNUdista Jaio la espía IaRRoVaWo Indiferencia La Hispaniola Libro de notas Memoria Virtual Mi jardín de palabras No soy superwoman Prestige orballho reflexiones e irreflexiones Saudade Sebastopolidas sefaradweb soy un Snob Neurótico Una cuestión personal Ventanas Yogurtu Yuri Blog
...e en xeral a todos os que desde as súas páxinas, foros, listas de correo ou calquera outro meio demostraron con claridade que
non esqueceron. Do único xeito que iso pode facerse: dicíndoo.
¶