caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Mover ficha
> Mover ficha <

Máis de cen mil cidadáns exerceron hoxe de cidadáns polas rúas de Santiago de Compostela, como xa leva sucedido en varias ocasións ao longo do último ano nesa e noutras povoacións do meu país. Aos ppolíticos con ppoder non lhes soe facer moita ilusión iso de que as persoas actúen como persoas e parezan estar dispostas a defender os seus dereitos ou amosen certa disposición ao diálogo. Fronte ao berro lexítimo contra a incompetencia, os ppolíticos con ppoder queren sociedades caladinhas, con gorxa grande dabondo para tragar co que lhes boten. Fronte a manifestación pacífica e animada que esixe responsabilidades, o que lhes vai de verdade aos ppolíticos con ppoder son as procesións.

Pero, xa ven, tenho día de ver o vaso meio cheo. Quizá influido por un evidente entusiasmo ao comprobar, máis unha vez, que a xente, é dicir, nós, non só non esquecemos senón que mantemos unha lúcida e intelixente serenidade ante as cousas que din e fan certos ppolíticos bromistas, imbéciles e escuros. Por aí andamos, uns e outros, os que pensamos que a democracia non debe consistir tan só en responder a unha pregunta cada catro anos. E o melhor é que somos moitos. Máis dos que criamos.

Por iso, xunto ao orgulho de ver nas rúas a un país esperto, sinto a necesidade de que todo isto non se dilúa no habitual océano da mediocridade. Non podemos perder esta oportunidade histórica de contar cunha sociedade livre, animosa e disposta.

Tócanos mover ficha.

P.S.:Vendell tamén manifeirou

2003-11-17, 08:43 | 10 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/13075

Comentarios

1
De: Yogurtu Fecha: 2003-11-17 19:10

Si supiera, Pawley, lo mucho que comparto su esperanza y el miedo que tengo de que unas elecciones me vuelvan a partir la cara.

¿Hay remedio contra los anestesistas de masas?



2
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-11-18 04:15

¿Queredes fotos da mani?

Nesta paxina (http://usuarios.lycos.es/iarrovawoweblog/index.php?sec=fotoblog) tedes as miñas fotos e na Cova da Moura (www.acovadamoura.tk) hai varias galerias.



3
De: Vendell Fecha: 2003-11-18 04:59

Sexamos optimistas e pensemos, polo menos, que todo isto servirá para que nunca máis un governo actúe coa mesama fachendosa desidia.

Onte, o pasar fronte a un conhecido que está en lides políticas non puiden senón recordárllelo. Mira e toma nota.



4
De: Israel Barros Fecha: 2003-11-18 05:36

A manifestação foi muito bonita, parabens ao povo galego!! Que essa tragedia não aconteça nunca mais!!
Abraços



5
De: El último Fecha: 2003-11-18 07:32

Para nunca más, falta un cacho.
Las playas relimpias y desinfectadas, los paisanos entrevistados resino-esperanzados, el ingenio patrio en pruebas extractivas a muy gran profundidad y los peperos ayudando a carretadas de millones donde suma hasta las auto-vías de acceso a Galicia.
Fuego graneado de una semana de duración que ha acabado con una protesta de 100.000 manifestante, mientras la mayoría que importa no alcanza a explicarse a que viene tanta inquina.
Y es que una desgracia la tiene cualquiera.
Y a nosotros, nos ha tocado una de las más grandes. Fasci-caciquismo rampante sobre campo de iluso-propietarios hipotecados.



6
De: Anónimo Fecha: 2003-11-18 08:59

¿ o vaso meio baleiro?...pois que lle poñan outro que pago eu.



7
De: Jaio la espía Fecha: 2003-11-18 11:13

¡Enhorabuena por no dejar dasfallecer su inconformismo, sultán!



8
De: Descalza Fecha: 2003-11-18 20:36

Desta vez nin o Urdócil puido deletrear a cifra dos manifeirantes...



9
De: Mc Fecha: 2003-11-19 01:40

Para mi fué un día de fiesta porque así me lo hizo sentir toda aquella gente en la manifestación.. :))

no somos tantos como deberíamos pero los que somos, con las ideas muy claras.. :))

saludos.



10
De: Belatza Fecha: 2003-11-19 03:01

Brindo con Ribeiro, leches! (y eso que yo soy más de sidra, eh?) ;)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.157.174 (f8ae440b99)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley