caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Dez razóns para non esquecer
> Dez razóns para non esquecer <

Xa o saben: temos manifestación. O próximo domingo, 16 de novembro, ás doce de manhá, en Santiago de Compostela. Para deixar ben claro que non esquecemos o que nos fixeron a todos hai un ano, para amosarlhes que non esquecemos as súas mentiras e a súa incapacidade. O Prestige vai ocuparnos por completo toda esta semana. Este blog que rezuma odio anunciará cada día os actos convocados pola Plataforma Nunca Máis e seguirá lembrando frases que deberan encher de vergonha aos irresponsaveis que as dixeron; ao mesmo tempo, convida a todos leitores a que escriban e compartan as sensacións que experimentaron ao longo deste tempo. A partir do xoves, data do triste cabodano, moitos blogs de diferentes lugares do mundo publicaremos un mesmo texto sumándonos, tamén desde a rede, á lembranza da desfeita.

Por se alguén ten dúvidas repasamos hoxe motivos para asistir á manifestación do 16-N. Son dez razóns para non esquecer:

Francisco Álvarez Cascos, ministro de Fomento
Miguel Arias Cañete, ministro de Pesca
José María Aznar, presidente do governo de España
Carlos del Álamo, conselheiro de Medio Ambiente
Francisco Campos, director da CRTVG
Manuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta
Arsenio Fernández de Mesa, delegado do governo
Henrique López Veiga, conselheiro de Pesca
Rodolfo Martín Villa, comisionado para o Prestige
Jaume Matas, ministro de Medio Ambiente
Luis Pérez Fernández, director da Radio Galega
Anxo Quintanilla Louzao, director da TVG
Mariano Rajoy, vicepresidente do governo
José Antonio Sánchez, director de RTVE
Alfredo U-r-d-a-c-i, director de informativos de TVE

Non esquecemos: Lo que hemos hecho es el trabajo que se tenía que realizar. Lejos de cualquier protagonismo y cerca de encontrar respuestas, Jaume Me Matas, ministro de Medio Ambiente, 20/11/2002

2003-11-10, 11:18 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/12862

Comentarios

1
De: EMF Fecha: 2003-11-11 00:09

Eu, cando estaba en Madrid en Novembro e Decembro pasados, poñía sempre ao chegar á casa Telecinco. Hoxe o informativo deu noxo, excepto unha corresponsal dende Muxía -e o cámara- que sacaron o chaPPaPPote que SIGUE HABENDO UN ANO DESPOIS, e unha bandeira de Nunca máis na fiestra dunha casa muxiá.
Pero a locutora do telexornal da cadena berlusconiana, pola contra, a frase que máis repetiu foi "que cambio con respecto a un ano"... só faltaría que os areais, despois de como moitos gastamolas vacacións indo limpalas costas, seguiran cheas de merda.

DIMISIÓN RESPONSAVEIS!.
NUNCA MÁIS!.



2
De: Paco Penas de DORVISOU Fecha: 2003-11-11 07:05

Posivelmente sexa a plataforma nunca máis esa voz viva que nos faltou sempre os galegos para denunciar ao mundo o noso aillamento.E naceu nos albores dun novo día para marcar na hestoria deste país un antes e un despois porque xa nada será igoal.Coma un pulso do povo contra a incopetencia do poder, e que xa se deixou ver nas pasadas eleccions anque houbera xente que non o quixera ver.E para moitos medios de comunicación xa sabemos que a razón do poder sempre é a mellor razón....



3
De: Sedánkhan Fecha: 2003-11-21 23:28

Frágil es la memoria de los hombres. Pero yo no pienso olvidar. No olvidaré los primeros telediarios. No olvidaré la noche Madrid-A Coruña en tren, traqueteando..
No olvidaré mis arenas de niño manchadas de infamia negra. No olvidaré aves muertas en mis manos. No olvidaré la desidia, intrigando, escudriñando, navegando. No olvidaré su olor, su color negro dorado. No olvidaré los oscuros acantilados. No olvidaré las negras sombras, conspirando. No olvidaré las lágrimas frente al mar, llorando. No olvidaré a mi querido Madrid, sincero y a mi lado. Nunca olvidaré a los que ayudaron. Y sobre todo no olvidaré los nombres de quienes ajenos al dolor y la impotencia por salvar su culo, porfiaron, nos jodieron y engañaron. Esto, señores mios, todavía no ha acabado. Es pués este el primer acto de esta tragedia, a la que sólo la conciencia podrá ponerle fin. Y ¡Ay! de los que conciencia no tuvieren, porque la segunda parte que ha de comenzar, promete venganza eterna, cada vez que miren de frente al mar.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.136.26 (0935b18b09)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley