caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > O Eixo do mal?
> O Eixo do mal? <

Concello de Santiago, bairro de Santa Lucía. Un bairro partido en dous por unha estrada, a N-525. Sen as necesarias medidas de seguridade vial, moitas persoas morreron nela ao longo dos últimos anos, nun goteo incesante e sinistro. Os veciños da zona, os da parroquia do Eixo, expresaron o seu malestar en multitude de ocasións, recibindo promesas sistematicamente incumplidas por parte das autoridades; o presuposto para as obras, entre elas un paso subterráneo, ascende a só 1,6 millóns de euros. O 14 de Xullo de 1998 maniféstanse máis unha vez e cortan o tráfico durante uns minutos, sen incidentes; pola noite, a iso das dez, volven a se concentrar nas dúas beiras da calzada pero sen chegar a cortar o tráfico. Son os tempos do inesquecíbel Diz Guedes como Delegado do Goberno; a policía intervén as usual e prodúcense uns desagradábeis incidentes a resultas dos cales un axente sae malparado. Segundo a Policía Nacional, froito dunha terríbel agresión. Segundo os veciños, debido a que caeu por un desnivel.

No pasado mes de xuño tivo lugar o xuízo deste caso. O fiscal acusou a seis veciños dun delito de atentado, lesións e desorde pública; considerounos responsábeis de increpar e ameazar a condutores e axentes da policía, de colocar unha barricada de lume no centro da calzada, de empurrar a varios axentes aos que zouparían supostamente con paus e barras de ferro e de ensañarse especialmente sobre un deles, ao que bateron "brutalmente" causándolle traumatismo craneoencefálico, fractura de osos no nariz e contusións na cara. Como consecuencia da tremenda agresión o policía sofreu un trastorno de estrés postraumático polo que ficou incapacitado durante 527 días e se lle recoñeceu unha minusvalía do 67%. Só lles faltou acusalos de pertencer a Al Qaeda. Curiosamente, estes actos tan violentos non tiveron unha axeitada resposta por parte das forzas de seguridade, que na data dos feitos non procederon a efectuar ningunha detención, segundo eles "porque la cosa estaba muy tensa". Os veciños, pola contra, mantiveron no xuízo que o policía caera por un desnivel ao intentar identificar un rapaz que non levaba o DNI.

As testemuñas da acusación entraron en variadas contradicións. A preguntas do fiscal o policía estresado dixo ter recibido empurróns e insultos e que nun momento determinado un dos acusados lle dera un golpe co puño, que fora seguido de agresións por parte doutros oito ou dez homes que o empurraron cara "una cuneta" e que alí seguiran dándolle patadas e golpes. Outro policía, porén, describiu unha apocalíptica escena na que zouparan ao seu compañeiro cun pau e "corría la sangre por la carretera", non pola "cuneta". El mesmo, por certo, non foi quen a identificar aos acusados como agresores.

A defensa, pola súa parte, solicitaba a libre absolución por total falta de probas. Os acusados contaron co apoio ao longo de todo este tempo de practicamente todas as asociacións veciñais da cidade e do rural compostelán, da sección comarcal e o grupo municipal do BNG, da Agrupación Socialista de Santiago e dos sindicatos CCOO, UGT e CIG. Xuntáronse 2000 sinaturas en apoio aos encausados. De nada serviu. Hai unhas semanas tres deles, Simón Márquez, José Moreira e Jesús Montoiro, foron sentenciados a sete anos de cárcere e a pagar unha indemnización de 156000 euros, unha condena desorbitada que foi xa recurrida ante o Tribunal Supremo. Se o Tribunal confirmase a pena aos tres acusados só lles quedaría a petición de indulto, para conseguir o cal é básico o pagamento da indemnización. Ningún dos tres condenados dispón de recursos para pagar tan desmesurada cantidade de cartos. A Asociación de Veciños Domingo Cepeda, que segue apoiándoos incondicionalmente, abreu unha conta corrente para que quen o desexe poida efectuar aportacións contribuíndo á recadación da devandita cantidade.

Estes son os feitos. Un policía con estrés. Múltiples contradicións e irregularidades durante a investigación do caso e na identificación e detención dos acusados. Sete anos de cárcere e 156000 euros de multa.

Xulguen vostedes mesmos.

2003-11-07, 09:43 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/12783

Comentarios

1
De: Vanis Fecha: 2003-11-08 01:41

Es la primera vez que veo a alguien presumir de lo rencoroso que es.

Quizás debería usted cambiar ese rencor profundo, que tiene, por un poco de espíritu constructivo, pues su blog rezuma odio y complejos un día si y otro también



2
De: Akin Fecha: 2003-11-08 01:58

Cierto, deje de guardar rencor hombre, y si a tres vecinos le caen siete años y treinta millones por dar un golpe a un policía piense usted que ahora habrá cuatro puestos de trabajo más, el de los tres que son enchironados y el del policía que a buen seguro se retira.

Si es que los jueces también quieren acabar con el paro y no se lo valoramos...



3
De: Jorge Fecha: 2003-11-08 03:03

Rencor a que van ter os acusados cando saian do cárcere, porque si foron capaces de facer o que fixeron só por teren seguridade para eles, a súa familia e os seus veciños, de que non serán capaces cando saian do caldeiro despois de sete anos de cabronadas e inxustiza. O rencor e o dos que so ven as cousas polo sua cor política, so pola sua tendencia, as inxustizas son inxustizas ainda que as cometa o máis afín ás nosas ideas. Rencor e unha palabra que non se debería usar no idioma xudicial, pero tampouco desproporción, ainda que os acusados sexan culpables VANIS por favor, le a sentencia.



4
De: Anónimo Fecha: 2003-11-08 04:24

Posivelmente os meus amigos de Santa Lucia convertirán o seu rencor en agradecemento cando vexan cumpridas parte das suas necesidades. Vivin cinco anos no barrio do castiñeiriño e coñezo ben os seus problemas. Tamen os dos acusados porque fai uns vinte anos me condenarón por injurias, insultos e agresión a tres municipales e só teño que decir que levaba un brazo nun cabestrillo e que non pasou de un pequeno empuxón a un de-les, con unha man, para sacarmmo de encima....Outra cousa é a xusticia.



5
De: Paco Penas de DORVISOU Fecha: 2003-11-08 04:27

¿ Anónimo?......outra vez eu



6
De: indi Fecha: 2003-11-09 08:49

Sempre aproveito que estou sozinho lendo o blog para concentrarme no que tenho que facer manhá. Cando somos dous, eu déixolhe o meu lugar, por cortesía e egoismo. Ao que ía: A n-525 lémbrame os tempos do meu r-8 tse cunha raia azul no teito que lhe daba un ar esportivo cando non existían na Galiza. Aquelas si que eran curvas aproveitadas ao máximo aplicando o dobre embrague, mais coidando sempre deixarlle ceibe o paso as vacas loiras. ¡Cuidádevos dos uniformados uniformes, sonche a Autoridade!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.167.215.35 (f09bef978c)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley