caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Brasil (endogamic days, 4)
> Brasil (endogamic days, 4) <

Sen dúvida, un importante anaco do meu espírito blogosférico reside no Brasil. Postos a ser precisos, en Florianópolis. E é que a primeira bitácora en portugués da que me fixen adicto é a Carta aberta do César Valente, o grande mestre catarinense que nos imparte a diario leccións de bon gosto. César é un excelente cronista. Emprega o humor e unha doce ironía, moi eficaz sen ser nunca ferinte. Non quere iso dicir que se refuxie nun tono amável para escapar da realidade do mundo; desde logo, el non vive nese paraíso escapista dos que non son capaces de comprometerse con nada. Os seus textos, escritos con aparente facilidade, como se estivesen redactados sen esforzo, coa soltura de quen leva moitos anos pelexando coas palavras, deixan sempre no padal do leitor un regosto agradável e case a certeza de que o seu autor ten que ser por riba de todo unha boa persoa.

Sen saír da Ilha, Pedro Lemos lévanos pola súa Montanha Mágica, outra das estacións de paso para min imprescindiveis. Fonte permanente de curiosos enlaces, blogs de calidade e noticias interesantes presentadas por meio de textos case sempre breves, Pedro déixanos ver en ocasións (non tantas como sería desexável) a súa capacidade para elaborar artigos de maior lonxitude e brilhantemente argumentados sobre materias que lhe son de especial agrado, como a Igrexa, por exemplo. Como galego, ademáis, non podo deixar de agradecerlhe que se prestase a inserir no seu blog a bandeira do Nunca Máis, símbolo da oposición e o desprezo dun povo ás trapalhadas dun governo mentiroso e covarde, tendendo así un elo virtual máis entre duas terras necesariamente unidas pola lingua común, pese a quen lhe pese. Non hai moito Pedro presentábanos o blog do seu amigo Sandman, recén nacido e que promete ocuparse de temas diversos, entre eles a astronomía, razón suficiente para eu agregalo a "favoritos".

Desde os Estados Unidos o Eddy repasa acontecimentos e emocións cotiáns, ás veces cun certo ar lánguido, como invadido por unha lixeira saudade. O Eddy fala desde o corazón, sen dar voltas innecesarias; é un sentimental, no melhor senso que pode ter a palavra. Nada melhor para describir o seu De tudo um pouco que a frase que emprega como encabezado: Pobres sao as pessoas que dependem da permissao dos outros para serem felizes.... Dito queda.

Outro día, máis blogs.

Martin Pawley (endogamic days, 3)

Non esquecemos: Todo el fuel derramado que tenía que llegar a la costa ya ha llegado, Enrique López Veiga, conselheiro de Pesca, 17/11/2002

2003-11-04, 10:04 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/12666

Comentarios

1
De: Pedro Lemos Fecha: 2003-11-04 10:50

Oigatchê! Quando possível, repasso o jabá que combinamos ... :- )

Assino embaixo do que escrevestes sobre o Cesar, o Sandman e o Eddy, os quais também estão na minha lista de favoritos.

Quando possível, faremos um núcleo Galiza-Floripa, o que achas? :- )

Abraços!

*Jabá é uma expressão brasileira que significa uma comissão "escusa", em dinheiro, paga para alguém (em geral radialistas) divulgarem alguma coisa.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-11-04 11:02

Non sei, non sei... Vou ter que persoarme eu mesmo na Floripa para negociar ben ese jabá...

Hai que aprofundar niso do núcleo Galiza-Floripa. Para empezar, por aí galegos hai un feixe, aínda que a palavra sexa usada cun significado un pouco diferente.

Sempre é un pracer lerte, caro Pedro. Abraços, companheiro!



3
De: Vendell Fecha: 2003-11-04 16:11

E curioso. Despois de ler o galego fronteirizo de Pawley o brasileiro deses blogs soa próximo e familiar. ¡Este caracol extende os séus tentáculos!



4
De: Jaio la espía Fecha: 2003-11-04 17:40

No sé si es gallego fronterizo o gallego del interior, pero no me lo cambie, Mr Pawley, que yo le entiendo muy bien así.
¿Puedo acompañarle a negociar esa jabá?



5
De: Paco Penas de DORVISOU Fecha: 2003-11-05 05:14

¡coño! e que me parecen todos os blogs moi interesantes e tampouco vou a facelos todos favoritos. Vou partir sempre dende esta paxina amiga.... O meu galego falta-lle unha lima para alisa-lo. Aprendo tanto do que escoito como do que vexo e todo é pouco.



6
De: Leonel Vicente Fecha: 2003-11-05 07:06

A Carta Aberta do César Valente é uma visita diária obrigatória!



7
De: Pedro Lemos Fecha: 2003-11-05 08:27

Quando for possível, convidar-te-ei para conhecer a Ilha; por ora, está impossível receber alguém. Uma prévia pode ser feita no "fotolog" do Cesar Valente. Mas, fica desde já o convite. Abraços!



8
De: Martin Pawley Fecha: 2003-11-05 08:51

Pedro refírese a este fotolog, que até inclúe fotos relativas ao recente blecaute.

Sultana, vaia mirando ;-)



9
De: Martin Pawley Fecha: 2003-11-05 13:22

Por certo, Vendell: o seu comentario resúltame especialmente agradável, por razóns que non sabería explicarlhe con precisión.

Galego fronteirizo, soa ben.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.196.18.46 (9ac191d804)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley