caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Ene-agá (VII)
> Ene-agá (VII) <

A noticia: As páxinas web en galego superan as escritas en catalán e portugués

O uso do galego segue caendo no medio urbano entre a xente máis nova, como indica un estudio referido a Vigo segundo o que preto da metade da poboación olívica de 15 a 20 anos é monolingüe en castelán, e só un 15% en galego. Esta situación contrasta coa do uso do galego na Rede, onde ocupa o posto 39 das linguas de comunicación neste medio, e sobe ó 14 na relación de páxinas web escritas nas diferentes linguas do mundo, por riba do catalán e do portugués.

As cifras: Partindo da base de dados do buscador AllTheWeb, o estudio La salut del català a Internet intenta facer unha estimación coa máxima fiabilidade posível do número de páxinas web en cada lingua. Reconhécense a priori algunhas limitacións, das que destaco aquí dúas: primeiro, que aínda que se calcula a existencia de entre nove mil e doce mil milhóns de páxinas web, buscadores como Google ou AllThe Web indexan só arredor de tres mil milhóns de páxinas; segunda, que os criterios que empregan os buscadores para diferenciar idiomas non son totalmente precisos e poden errar na detección no caso de linguas próximas, como o galego e o portugués. Con esas advertencias, oferece un exaustivo listado do que saco as seguintes cifras:

1. Inglés: 1.280.041.397 páxinas web
2. Alemán: 182.005.546
3. Francés: 99.737.704
4. Xaponés: 69.730.375
5. Español: 65.814.567
6. Chinés: 65.730.212
7. Coreano: 64.606.324
8. Ruso: 42.276.247
9. Italiano: 41.849.365
10. Holandés: 41.119.851
11. Portugués: 37.695.762
23. Catalán: 2.926.550
24. Árabe: 2.470.616
39. Galego: 274.132
40. Euskera: 154.709

O Diccionario Espasa de Lenguas del Mundo de Rafael del Moral inclúe unha xenerosa relación de linguas co seu número de falantes. Cabe amosar un certo escepticismo sobre algúns dos dados que ese volume manexa (por exemplo, é ridícula a "precisión" das cifras que se empenha en dar en moitos casos), pero non deixa de ser unha fonte valiosa. Da súa clasificación general de las lenguas del mundo por número de hablantes recolho a seguinte información:

1. Chinés mandarín: 900.000.000 falantes
2. Hindi: 399.728.000
3. Español: 343.655.000
4. Inglés: 343.312.000
5. Árabe: 234.299.000
6. Bengalí: 206.000.500
7. Portugués: 171.760.000
8. Ruso: 159.028.000
9. Xaponés: 127.000.000
11. Alemán: 94.200.000
17. Francés: 70.345.000
22. Italiano: 60.140.000
91. Catalán: 7.100.000
159. Galego: 2.560.000
284. Euskera: 710.000

As conclusións: Ou sexa, dividamos.

Catalán: 2.926.550/7.100.000= 0.4122 páxinas por falante
Portugués: 37.695.762/171.760.000= 0.2195 páxinas/falante
Euskera: 154.709/710.000= 0.2179 páxinas/falante
Español: 65.8614.567/343.655.000= 0.1915 páxinas/falante
Galego: 274.132/2.560.000= 0.1071 páxinas/falante

Xa ven, superámolos en que somos os últimos. Ese é o dinamismo que se observa na nosa lingua. Por iso non chega a dúas ducias o número de blogs activos en galego. Somos dun dinámico que asusta.

Non esquecemos: Creo que hay alarmismos muy poco justificados, José María Aznar, Presidente do Governo de España, 27/11/2002

2003-10-24, 08:50 | 13 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/12317

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-24 09:53

Ocurréseme que ao melhor alguén optou por dividir os falantes polas páxinas, é dicir, ao revés. Nesa categoría somos campións, claro: cada páxina ten á súa disposición case dez galegos, o cal é moi tradicional neste país no que os xornais seguen léndose maioritariamente nos bares. É dicir, cómprao un e len nel cen.



2
De: Yogurtu Fecha: 2003-10-24 16:12

Yo de mayor quiero ser como Pawley.

(música de If I were a rich man) ... Si yo fuera Pawley, shubidubi dubi dubi dubidubidubidaaaaa...

De lo que no cabe dubidaaaaa es de que es usted una voz que merece la pena escuchar, no como otras.



3
De: not a pretty girl Fecha: 2003-10-24 20:20

Pues yo hubiera jurado que la situación del euskera en internet era muchísimo peor que la del galego. No dejan de sorprenderme los datos. Aunque, como bien apuntas tú, faltaría saber cómo han realizado las estadísticas, porque como el estudio tenga la misma fiabilidad y validez que la mayoría... En fin, lo importante es que haya gente como tú que siga manteniendo viva su lengua en internet, aunque sea a riesgo de tener menos lectores. Es una postura más que encomiable :)

Y viendo tus recomendaciones bibliográficas y fílmicas de la columna derecha, adivino tu buen gusto :)

Saludos y un placer haberme pasado por aquí... y qué bien que se entiende el gallego... si es que a veces la gente no se entiende porque no quiere :P



4
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-25 05:50

Yogurtu: verdadeiramente o que lhe debemos reprochar a La Voz de Galicia é dar a noticia sen maiores explicacións, limitándose a recolher unhas frases sen facer a máis mínima análise sobre as mesmas. Esa noticia seguramente foi publicada tamén por moitos outros meios.

not a pretty girl: non me sorprenden demasiado os dados en xeral. Tenha en conta que nas linguas minoritarias, como o galego ou o euskera, o peso das webs institucionais é moi superior ao que se dá nas linguas con maior número de falantes. Hai un "fixo" de webs que van existir sempre en cada idioma (as que elaboran os organismos públicos, grandes empresas, etc). Nese senso, o número de webs dese tipo non ten por que ser maior no caso do galego, do euskera ou do catalán. Grosso modo, deberían ir máis ou menos en paralelo (grosso modo, insisto). A partir dese ponto o que entra en xogo é o esforzo individual de miles/milhóns de falantes construindo contidos nos seus respectivos idiomas. Aí é onde as linguas normalizadas, como o español ou o portugués, nos levan unha ventaxa colosal. E creo que os blogs son un bon indicio do que pasa, pola súa condición de páxinas persoais que carecen doutras intencións. Todos os blogs activos en galego que eu conhezo aparecen na lista da dereita; imaxinemos que hai algúns que se me escapan e que o número total ande arredor de 25. De seguro que o número de blogs feitos na Galiza en español multiplica por un factor tres ou catro (ou máis) esa cifra. A mocidade galega (a cidadanía do futuro) está nun proceso permanente de desgaleguización que ten unhas causas moi concretas. Se a sociedade cada vez fala menos en galego, é absurdo pensar que na rede vai suceder xusto o contrario. Iso é crear falsas expectativas, algo que por estas terras soe ser moi habitual.

Non podo pronunciarme sobre o euskera, pero intúo que a súa situación non debe ser moi diferente.

E gracias pola súa xenerosidade, por certo.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-25 06:17

Ponho aquí unha mensaxe da lista de correo "O Lar" que se refire ao mesmo tema:

Boas Martin:

Eu non coñezo o procedemento de calculo empregado po lo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega, mais non se me escapa que o grupo de poboación sobre o que se ten que face-lo calculo non e "toda a poboación que fala un idioma". Ise e o erro de base do estudio "La salut del català a Internet" que ti apuntas no teu "weblog". Paxinas non as fai quen quere senon quen pode e so pode quen ten acceso a rede. En Galicia o acceso a rede só chega as cidades mais relevantes (non che quero contar as penas que tiven intentando achegarme a rede desde Samos, por exemplo). Tamen conta o precio, xa que o poder de pago dos galegos e a mitade (ou menos) co dos Catalás, Castelás e Vascos. O que reduce tamen o numero de persoas que poden entrar na rede. Nise marco o grupo de poboación que se ten que usar de base de calculo no caso Galego e moi pequeno, e iso faría que nas estadisticas o ratio fose moito mais grande. Obviamente se ise mismo exemplo se fixera pra China, India ou Indochina, paises mais habitados do mundo e onde os habitantes apenas teñen acceso a rede, enton sempre saerian os ultimos do mundo en proporcion, ainda que foran moi dinamicos os poucos que si estan nela. Concluindo: o dinamismo da nosa lingua na rede ten que ver cos galego falantes que estan nela e non ten que ver co poder adquisitivo dos Galegos. Se cuadra somos os mais dinámicos na rede e dos mais pobres do mundo ;-)

E agora, a minha resposta: non me vale esa explicación, en verdade. Xustamente o total de falantes é o grupo sobre o que se ten que facer o cálculo. Utilizar como referencia só aos que tenhen un acceso a rede é absurdo e crea unha estatística ficticia. Dinamismo quere dicir que os poucos que tenhen acceso á rede son moi activos? Vale, e de que nos sirve? Tírase algunha información dese feito?

O número de galegofalantes descende de xeito sistemático e constante. Pensar que a rede é un ente á marxe da sociedade é un auténtico disparate. Podemos crear estudios a medida que demostren que somos o melhor país do mundo e os reis do mambo, pero a realidade é así de terca e tozuda.



6
De: not a pretty girl Fecha: 2003-10-25 06:58

Ufff... pues mirando tus links, son muy porquitos los blogs que existen en galego. En català me consta que hay bastantes más. En euskera ni idea, eso lo sabrán Kaptain Kurtz o Belatza.

Saludos :)



7
De: not a pretty girl Fecha: 2003-10-25 06:59

mmm Donde dice "porquitos" le sobra una R, que ha quedado muy mal la cosa :D Quería decir "poquitos" :P



8
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-25 07:09

Pois a iso vou, NAPG. Que somos poucos. Por iso, a que vén esa trapalhada do "dinamismo"?



9
De: Paco Penas de DORVISOU Fecha: 2003-10-25 10:16

Cada noite,ao chegar a casa de traballar, sinto a necesidade de achegarme aos meus e vos Mr Pawley xa sodes un deles.Moitas gracias por tanta xenerosidade.
Con envexa sana, dende unhas illas sen mais pontes que as da informacion que un mesmo se procura, moitas gracias outra vez.



10
De: jorge Fecha: 2003-10-25 18:23

Sinto unha enorme curiosidade por esa manía de xente comparar, comparar persoas, cantidades de persoas, cantidades de posesións, cantidades de ventas, cantidades de páxinas web, non o entendo, nunca o entendín e creo que nunca o entenderei, que pasa, que cando so tiñamos unha páxina web ou cando non estaba de moda o galego e na Coruña (por poñer un exemplo) se rían e chamábanlles paletos ós que falaban galego tiñamos unha lingua menor, eu creo que non. Estou canso de sentir ou ler sempre un "máis que" por todas partes, vou facer unha cita poético musical para quen queira entender:
"nadie es mejor que nadie, per tú
creiste vencer"
Todo isto lévame a ver que ó final o "gran irmán" consegue o que quere, que teñamos un concepto da vida competitivo e comparativo. Un concepto comercial incluso, do tipo "quérote porque me queres" ou "respétote porque me respetas". Non quero compararme nin comparar o meu, xa sexa lingua aptitudes ou o que sexa con ninguén, non quero ser máis que ninguén porque non me considero menos que ninguén. O galego é unha lingua incrible porque sobreviviu a tempos de opresión e porque sobreviviu na boca da xente e non nas bibliotecas, pero non é máis nin menos que ninguha outra.
Está claro que o tema das comparacións non me gusta, non sei porque hai que poñer sempre ese tipo de referencias, porque non se compara co chines ou co flamenco, simplemente, ¿POR QUÉ SE COMPARA?.



11
De: Mc Fecha: 2003-10-26 03:45

Es curioso Mr. Pawley porque estos días he estado buscando un traductor castellano/gallego en la red y no lo he encontrado. He visto en un blog en castellano que tiene un traductor y aparece el mismo, todo, en catalán y me hubiese gustado hacer lo mismo pero con el gallego y, o no lo he sabido encontrar o no existe..

Pido una ayudita por si sabe algo :))

Saludos.



12
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-27 05:02

Pois non lhe podo ser de moita axuda, pero suxírolhe que visite o blog delirios de un informático, que ten a opción de traducción ao galego ou ao castelán dos contidos da bitácora.



13
De: ascárida Fecha: 2003-10-28 04:55

O feito de que non exista un traductor online castelán-galego é ben significativo, en catalán e en euskera hai varios dispoñibles.

Seguindo no mundo blog, que é o que temos máis preto, ¿que tal se comparamos a cantidade de bitácoras de galegos escritas en castelán contra as que están escritas en galego?. O mesmo aceso á rede, a mesma capacidade de crear unha páxina, tirando moi polo baixo saímos a unha en galego por 15 en castelán.

Respondendo a Jorge, as comparacións son odiosas pero necesarias, neste caso non se compara para sentirse mellor que ninguén, compáranse termos obxetivos para descubrir o estado das cousas, non se comparan termos menos tanxibles como a beleza ou o prestixio. Evidentemente ninguén pensa que o galego sexa peor lingua que o catalán por ter menos páxinas en internet, o que ven a demostrar é que hai un problema no xeito no que os galegos nos relacionamos ca nosa lingua, algo nada novidoso pero que eses datos fan máis real.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.190.185 (bff174eb9a)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley