caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Alfredo Urdócil
> Alfredo Urdócil <

Dispensando algúns posíbeis cambios nacidos do meu precoz Alzheimer, esta anécdota sucedeu alá pola metade do pasado século, cando o exame da censura era un paso obrigado antes da rodaxe de calquera filme. Estaban os membros do comité correspondente revisando de maneira exhaustiva un guión de Luis García Berlanga e chegaron a un ponto no que aparecía un inofensivo plano xeral da Gran Vía de Madrid. Todo normal, aparentemente, polo cal ían dar xa paso a outros asuntos, cando alguén interrompeu de súpeto dicindo:

-¡Un momento! Xa sabedes como é Berlanga. El é capaz de meternos no plano a un cura saíndo dun portal desa rúa no que hai unha casa de putas.

A escena foi eliminada, por suposto. E é que a censura tiña unha prodixiosa imaxinación para intuír o pecado onde ninguén sería capaz de velo. Ás veces, con extraordinaria fortuna; así foi que lle impediron a Buñuel rodar o seu final previsto para Viridiana, cunha Silvia Pinal entregándose definitivamente a Paco Rabal, e lle suxeriron unha escena alternativa, con eses dous personaxes e máis unha criada entregados a unha partida de cartas. Buñuel aceptou encantado, lamentándose de non ter sido a el a quen se lle ocorrera ese sublime menage a trois.

Para ser xustos, a censura non sempre estivo así de hábil. Só así se explica que non tocasen nin unha coma dese insólito delirio gay que Alfredo Alaria perpetrou en Diferente. O que quería resaltar hoxe en todo caso é a existencia de xente ruín que gosta de ser máis papista có proprio Papa e que se deixa levar polos excesos da súa mente miserábel. Unha das máis explícitas incorporacións á lista dos grandes manipuladores de todos os tempos é, sen dúbida, A ele efe erre e de o U erre de a ce i, o director de informativos (máis ben director de propaganda) da televisión pública. Xa saben a historia: TVE foi obrigada a ler un comunicado nos noticieiros explicando que un xuíz aceptara a trámite a demanda presentada polo sindicato Comisións Obreiras contra o ente público por vulneración dos dereitos fundamentais de folga e liberdade sindical como consecuencia do tratamento informativo oferecido durante a folga xeral do 20 de xuño de 2002. Se naquela data os informativos de TVE fixeron un penoso exercicio de ocultación da verdade, a leitura do documento feita o xoves por U erre de a ce i carece de nome. Aparecendo co telediario xa concluído e cun fondo negro distinto do do resto do espacio o moi imbécil intentou quizá desviar a atención sobre o feito, pero dun xeito tan absurdo que conseguiu o efecto contrario: que se fale do seu lamentábel comportamento nos poucos medios de comunicación asisados e libres que nos van quedando. Saíulle o tiro pola culata, pero aí segue, e seguirá. A ele efe erre a de o U erre de o ce i ele.

2003-10-19, 04:56 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/12131

Comentarios

1
De: EMF Fecha: 2003-10-20 09:43

Sublime o final de "Viridiana".



2
De: Jaio la espía Fecha: 2003-10-21 06:41

No todo fue negativo con la censura, ya sabe, Mister Pawley que los optimistas siempre vemos el lado positivo de las cosas. Nos/les permitió/obligó a agudizar el ingenio para poder "decir" sin "hablar".



3
De: Jaio la espía Fecha: 2003-10-21 06:43

Como la sutil manera que tiene usted de referirse a "ese" sin mentarlo.



4
De: Akin Fecha: 2003-10-21 22:24

¿Canto ten que mintir un aquí para que lle obriguen a dimitir? ¿Non é dabondo que un xuíz diga que se mintiu vulnerando un diretiro fundamental?

Autoreposta: Non.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.204.71.19 (f78779fd3b)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley