caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > La lactancia no es para mí
> La lactancia no es para mí <

Para empezar, lean este texto e traten de non vomitar.

Sei que non é de moi bon gosto facer bromas sobre os nomes e apelidos da xente, pero tampouco é de bon gosto o artigo do tal Demetrio, así que ficamos empatados. Porque non mo negarán: "Demetrio Peláez" parece saído dun tebeo de Mortadelo y Filemón, ou melhor aínda, dunha película casposa como as de Paco Martinez Soria. Un deses carcamais rústicos aos que lhes facían os olhos chiribitas cando vían asomar o perfil dunha teta por debaixo dun camisón. Hai que ter unha mentalidade moi estreita para enfurecerse/excitarse pola estampa dunha mulher amamantando a un filho. A irritación que asoma desde as palavras do Demetrio faría as delicias de calquera seguidor de Freud. Non vou improvisar unha teoría que explique a súa estupidez conforme a algunha clase de trauma de orixe erótico-festiva; vostedes mesmos, queridos leitores, están perfeitamente capacitados para xulgar a enfermiza obsesión deste energúmeno. Só alguén cun evidente defícit afectivo e/ou neuronal pode ponherse así por isto, chegando ao ponto disparatado de facer un repugnante paralelismo entre a lactancia materna e o acto de mexar, ou "cambiarle el agua al canario", utilizando a mesma expresión rancia da que el fai uso e que é propria de individuos trogloditas.

Pois nada, cabaleiro, siga así. E siga aí, ademais. Está onde debe estar. Vostede e o xornal para o que escribe merécense mutuamente. De agora en diante só poden ir ambos os dous en constante progresión e melhora. Porque facelo peor, en verdade, é imposível.

P.D.: Este post conseguiu que eu fose consciente das minhas limitacións. Pasei varios días sen saber como facelo, e ao final, saeu isto. Non é todo o bon que debera: fáltalhe humor; pero tenho que confesarme incapaz de escribir algo máis lúcido partindo de semelhante imbecilidade. Xa lho dicía eu a Vendell: o que tinha que escribir sobre o Demetrio, era el. El había ser capaz de darlhe ao post esa desconcertante e ás veces misteriosa ironía coa que parece conseguir que todos os que o len estean de acordo co que di. En fin, outra vez será. Intúo que o Peláez ha de darnos novas alegrías...

Porque hoxe é luns: para compensar, unha bitácora extraordinariamente divertida, weblog de una mujer gorda

2003-10-14, 08:09 | 13 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/11953

Comentarios

1
De: Yogurtu Fecha: 2003-10-14 15:52

Demetrio Peláez es subnormal, sin lugar a dudas. Y antes de que se me echen encima, les diré que, en este comentario, por "subnormal" debe entenderse una persona sin deficiencia psíquica alguna que, por su ínfima comprensión de la vida, no llega a desarrollarse normalmente y muestra síntomas de subdesarrollo mental y encefalopodia aguda (piensa con los pies). Un imbécil, vaya.

Pero, lo que son las coincidencias, hablando de los "dias de...", pásense por la casa de Daurmith, que ella también ha querido decir algo de "esos días".

Y ahora el peloteo amigombligista: Pawley, este post sólo lo podía escribir usted. No me venga con limitaciones.



2
De: vendell Fecha: 2003-10-14 16:48

Estou con Yogurtu: se non a fai vostede non o fai ninguén. Aínda así, paréceme que no quedóu moi a gusto. ¿Exceso de insultos acaso?



3
De: eledhwen Fecha: 2003-10-14 18:41

Un par de "leches" es precisamente lo que le faltan a él.



4
De: eledhwen Fecha: 2003-10-14 18:42

Al margen, claro, de lo que opine de algunas conmemoraciones tipo "Día de ..."



5
De: Oier Fecha: 2003-10-14 19:28

Pues a mí lo de la lactancia, me pareció mucho esfuerzo para poco resultado. Prefiero el biberón ;-))

Y que conste que lo tengo más reciente que cualquiera ;-)))



6
De: Jaio la espía Fecha: 2003-10-14 21:40

Nuevamente de acuerdo con usted, mi sultán. ¿Y cómo no se escandaliza este individuo con la gente que come en público, en terrazas abiertas al efecto, cuando comer, en muchas culturas, es un acto privado?

Por ponerle un poco de humor al asunto. Esto de la lactancia me trae a la memoria una escena de la genial serie Friends. Cuando Phoebe (creo recordar que era ella) está dando de mamar a su hijo y Joey le pregunta: "¿Si ahora el niño sopla por una teta te sale la leche por la otra?"



7
De: lgs Fecha: 2003-10-14 22:16

bueno el chiste de friends xDD

2 usuarios leyendo el blog en este momento - cómo se logra eso?



8
De: Demetrio Peláez Fecha: 2003-10-15 07:28

Es que entran ustedes al trapo con una facilidad...



9
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-15 09:58

Xa ve, Demetrio: pónhennos diante unha insensatez e non nos podemos quedar calados.



10
De: Mc Fecha: 2003-10-15 20:16

para no darle ni la más minima importancia..
me parece el típico que va de graciosillo del grupo.. ese grupo tan minúsculo como su cerebro al que le debe de hacer gracia..

Saludos.



11
De: ElDa Fecha: 2003-10-15 22:24

Demetrio Peláez é este monstruo que fai no mesmo xornal a sección de con pólvora e magnolia (ou algo así, na contraportada). É realmente insultante e gratuíto.



12
De: Akin Fecha: 2003-10-16 01:37

Bueno, facendo un chiste fácil, e como ver tomar unha cervexa fría cando un está sudando :-D

Bromas aparte, estamos camiñando coma os caracois, cara atrás, involucionamos, temos ós Demetrios nos periódicos e ós dinosaurios no goberno.

Jaio, otra cosa más en la que coincidimos, me encanta Friends.



13
De: un amigo Fecha: 2003-12-31 06:37

a ver si te gusta



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.32.65 (d3893ad4e6)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley