caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > I'm thru with love
> I'm thru with love <

Esta manhá tiven o pracer de compartir café e conversa con Uxío, o de Saudade, un dos blogs que contribúen a que a lingua galega tenha presencia na rede. Só por iso xa tinha inicialmente ganhado o meu interese, pero hoxe, ao pasar do conhecemento virtual ao trato ao vivo, as minhas simpatías confirmáronse totalmente. Uxío é un home bon e xeneroso, con ideas claras e a mente suficientemente ordeada como para expresalas con sentido.

A súa bitácora trata temas moi diversos, entre eles a política, que non é precisamente unha cuestión que lhe resulte alhea; pero paréceme que se caracteriza por ter un pouso profundamente emocional. Uxío é unha persoa que deixa ben claro sempre o seu estado anímico. Onte andaba algo lánguido, pero non se preocupen, non é nada que non se pase co tempo. Como bon cinéfilo que son, ao lelo e ao escoitalo véuseme á cabeza unha maravilhosa composición de Gus Kahn, Matt Melneck e Joseph Livingston que o grande Woody Allen case convertiu en leitmotiv dunha das suas obras mestras, Everyone says I love you. Refírome ao I'm thru with love, claro, que tan ben interpretaba Goldie Hawn na memorável escea do final, á beira do Sena. Para o meu gosto, unha das máis fermosas cancións de desamor, sentimento intenso do que se disfruta especialmente nas tardes de chuvia, co corazón delicadamente tinxido polo outono.

I'm thru with love,
I'll never fall again,
Said adieu to love,
Don't ever call again,
For I must have you or no one,
and so I'm thru with love.

I've locked my heart,
I keep my feelings there.
I have stocked my heart with icy frigid air,
and I mean to care for no one,
because I'm thru with love.

Why did you lead me to think you could care?
You didn't need me, for you had your share
of slaves around you to hound you and swear,
With deep emotion, Devotion to you.

Goodbye to spring, and all it meant to me,
It could never bring the things that used to be,
for I must have you or no one,
and so I'm thru with love.

2003-10-12, 05:51 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/11906

Comentarios

1
De: Uno que pasaba Fecha: 2003-10-12 09:08

No suelo venir mucho por aqui, pero, cada vez que leo un post tuyo o bien es para hacer la rosca a uno de tus colegas de blogalia, o bien para auto-pelotearte...

Curioso blog el tuyo



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-12 09:10

En efecto, vostede vén pouco por aquí.



3
De: Snob Neurotico Fecha: 2003-10-12 09:26

¡Encántame esta canción! Cada vez que vexo a película, non podo resistirme, teño que facer karaoke...
Claro que a mín quédame máis ó xeito de Woody Allen que ó de Goldie Hawn.



4
De: Ferran Fecha: 2003-10-12 19:28

Martin, ese "Uno que pasaba" de arriba no tiene nada que ver ni con "Uno que pasaba" ni con "Un que passava". He venido lo suficiente por aquí como para que se sepa que no comparto para nada esa opinión. Que quede claro.

Ya de paso, al enlace a mi blog desde tu lista le sobran unas comillas.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-12 23:35

Intuía que o autor do primeiro comentario non era vostede, Ferrán. E gracias polo aviso a respeito do enlace. Tenho que revisar a lista de blogs incluídos; hai varios que desapareceron coa caída de Blogalia de hai unhas semanas, e que debo ir reponhendo. A lista de blogs en galego debe ser actualizada, tamén: nos últimos tempos apareceron algúns máis. Pouco a pouco.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.147.237.64 (d9edc61e32)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley