caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Parabéns para el
> Parabéns para el <

Tendo por natureza a ser escasamente expresivo. Non son moi afeccionado a repartir bicos e apertas, nin apertóns de mans, nin cousas desas. En xeral, non gosto das formalidades e das accións rituais; con frecuencia, mesmo me esquezo de saudar e de despedirme ao entrar e saír das casas. Son unha persoa pouco dada a dar mostras de agarimo, é posíbel que algo distante a primeira vista. Non teño vocación de raíña das festas, e se lles son sincero a xente chistosa provócame arrepíos. Desconfío daqueles que se asignan a condición de líderes ou de gurús, dos que pretenden erixirse en centros de gravidade permanentes. Sospeito que non debo resultar especialmente simpático nas distancias curtas. O meu son os percorridos longos, o contacto reiterado e intenso a resultas do cal acabo por parecer interesante, ou polo contrario definitivamente detestábel. Penso, de todos xeitos, que non son mala persoa. A fin de contas, son un tipo pouco esixente, de bo conformar.

Xa o dixen algunha vez: do único do que alguén pode sentirse orgulloso é dos seus afectos. O verdadeiramente imprescindíbel é a xente que nos rodea, a familia, os amigos. Os amigos. Un deles, o Suso, o mellor quiosqueiro do mundo mundial, aquel con quen houben facerme rico, está hoxe de aniversario. O Suso non só ten aspecto de boa persoa senón que ademais é boa persoa. É un home de emocións transparentes, sen aristas nin recovecos; benhumorado e falangueiro, amábel e xeneroso. Un gran tipo, en suma. Aproveitando que el nunca accede a Internet e polo tanto non le nada do que escribo, digo aquí e agora iso que, quizá, non me atrevese a dicirlle ao vivo: que me sinto moi feliz de telo como amigo, e que agardo que o sigamos sendo moitos anos máis.

E é que, xa ven, no fondo tamén eu son un sentimental.

2003-10-04, 04:17 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/11666

Comentarios

1
De: indiredo Fecha: 2003-10-04 08:03

Tiven polas treboadas físicas destes pasados días problemas de abastecemento nos circuítos desta ferramenta que uso e que acadaron a dimensión de (en pesetas) 35.000 + IVA. Sei que o tempo perdido no fuchique informático foi gañado polos meus gatos, e iso é máis que moito. Se se me permite uma pregunta gostaría de saber a resposta a como usamos o "nh" para que funcione correctamente na súa fonética para cando dicimos "unha" expresar o que pretendemos. Non ten maior importancia, xa é sábado e venho de pagar a factura. Saúde.



2
De: indi o de antes Fecha: 2003-10-04 08:40

Perdoa, esquecinme de saudar o teu quiosqueiro Suso. O meu taberneiro habitual ten o mesmo nome.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-04 09:33

Pois o "nh" dos indefinidos soa coma no galego oficial e normativo. No resto de palavras, o "nh" ten a pronunciación usual, como en "manhá". Imaxino que non lhe resultará estranho que un mesmo carácter poida ir asociado a pronunciacións diferentes: é algo que sucede en moitos idiomas.



4
De: Jaio la espía Fecha: 2003-10-05 01:12

Razón lleva, Mister Pawley. De los afectos es de lo que nos podemos sentir orgullosos. Siéntase orgulloso de mi afecto, por cierto. ;-)



5
De: Yogurtu Fecha: 2003-10-05 02:13

Su personalidad encaja perfectamente con la solidez de su granítica imagen a través de la WebCam. Qué se puede hacer sino admirar tanta coherencia... pues recomendarle que siga cuidando tanto a los amigos.

Y ahora, si me disculpan, voy a despeñarme por las curvas de la portada del disco de Carla Bruni. Cielos.



6
De: jorge Fecha: 2003-10-05 23:56

Amén. Ó mellor non sabes como coñecín a Suso e interésache. Coincidimos na típica "pachanga" de fútbolsala dunha empresa da que ningún dos dous eramos empregados. Os dous deixamos de ir porque un día falando coincidimos en que o ambiente que alí había non era moi amigable. Pois ben dalí a algún tempo eu entrei por casualidade no mellor quiosco do mundo e atopei alí a Suso, por suposto xa nunca deixei de ir, o que me serviu para coñecer alí a outra moita xente.
R`n`R forever.



7
De: Jueves Addams Fecha: 2003-10-06 00:32

qué gran cosa es tener amigos!!

Saludos



8
De: Martin Pawley Fecha: 2003-10-06 09:46

A primeira vez que eu falei longo e tendido con Xabier, o meu mestre e guía espiritual, foi, por suposto, na Librería Azeta. Acabamos falando de cine, claro; pero curiosamente demos en comentar a nosa paixón común por Smoke, a grandiosa película de Wayne Wang e Paul Auster. En verdade, falar de Smoke en Azeta tinha moito de exercicio metalingüístico, ou metaoquesexa; a fin de contas, o Suso non deixa de ser algo así como o primo do Val do Dubra do proprio Harvey Keitel/Auggie Wren. No quiosco do meu amigo Suso faise tertulia, tómase café e, ademais, véndese prensa. Que outra cousa poden pedir? Alí conhecín eu tamén a moita xente formidável. Ao Jorge, por exemplo.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.230.51 (75e616cf27)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley