No comenzo dunha das melhores novelas do escritor guatemalteco Norberto Torval, un dos mestres da literatura negra sudamericana, o líder dunha perigosa banda esixe o silenzo das testemunhas dun dos seus asasinatos, ameazando coa morte a aqueles que delaten a autoría dos crimes con esta contundente advertencia:
-Y el que diga quien, morirá
O que nos interesa agora desa frase é a primorosa secuencia que a constitúe. Se repararon ben nela decataríanse de que a primeira palavra ten una letra, a segunda dúas, a terceira tres, e así até a sexta, que ten seis. Diso vai tratar hoxe
as seis da sexta, de elaborar frases de seis palavras nas que cada unha tenha unha letra máis cá anterior. O exercicio non dá para facer grandes xoias da literatura, pero como sempre a nosa intención é ante todo lúdica; recoméndolhes que non pasen demasiado tempo dándolhe voltas e que valoren, ante todo, a rapidez á hora de obter resultados dignos. A min sáeume isto, seguindo coa mesma linha gótica da semana pasada:
E na lúa chea óense ouveos
A ver, díganme: que lhes parece estoutra?:
O ar vén seco neste outono
En español fixen unha especie de
aviso meteorolóxico:
Y ya los días fríos llegan
E, para rematar, ese triste lamento daquel que foi enterrado en vida:
I am six feet under, crying
(Si, si, eu tamén gosto desa excepcional...)
En fin, xa saben: xoguen comigo e ponhan os seus resultados nos comentarios. E gracias, unha vez máis, pola súa amável participación.
Porque hoxe é venres: As seis da sexta: xogando con Bloxus
¶