caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Wendy Carlos
> Wendy Carlos <

Hoxe sae en La Opinión o meu amigo Óscar Blanco, en calidade de presidente da Agrupación Ío. Nun momento da entrevista que lhe fixeron citou a eclipse de Sol do 2006, que agardamos poder ver ao vivo desde Turquía. Di que hai xente que soe viaxar polo mundo perseguindo todas as eclipses, fascinada co espectáculo, e ao ler as súas palavras eu lembrei a curiosa figura de Walter Carlos, o responsável da banda sonora de A clockwork orange, aquí chamada La naranja mecánica, película de Stanley Kubrick que eu detesto especialmente. Walter Carlos é un dos pioneros da música electrónica e tivo unha escasa pero no seu momento moi significativa presencia no cine. Volveu colaborar con Kubrick para The shining (El resplandor) e logo trabalhou para a casa Disney en Tron. Para daquela xa non se chamaba Walter, senón Wendy, e pódese dicir que na súa vida cambiaran algunhas outras cousas, ademais do nome.
Na súa páxina oficial hai unha sección adicada específicamente ás eclipses solares. A senhora Wendy, noutrora o senhor Walter, volveuse unha entusiasta das eclipses desde que viviu a primeira hai cousa de trinta anos, e desde entón intenta non perderse ningunha. Vai polo mundo adiante fotografiándoas, e ademais ten a xentileza de volcar esas fotos na rede. Quen tenha tempo e ganas, que non perda a ocasión de curiosear un pouco pola interesante web desta singular dama.

Porque hoxe é xoves: el juego de Ender

Livros para o canon: Nimbos de Xosé María Díaz Castro; Mar morto de Jorge Amado e Movimiento perpetuo de Augusto Monterroso

2003-09-05, 04:17 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/11067

Comentarios

1
De: ascárida Fecha: 2003-09-05 21:32

Eu diría máis, quen teña tempo e ganas que non perda a ocasión de escoitar un pouco da súa música.



2
De: deneno Fecha: 2003-09-06 01:56

Vaia historia, unha personaxe peculiar...

a verdade é que o tempo trata mal á "laranxa mecánica" pero gostame tanto o libro (o seu canón ten moi boa pinta, por certo) que a película non deixa de ser especial...



3
De: Martin Pawley Fecha: 2003-09-06 11:46

Un dos feitos curiosos é que a súa operación de cambio de sexo tivo lugar no ano 72, pero durante anos mantívoa en secreto. Celosa da súa privacidade, e querendo que se falase dela pola súa música e non por cuestións da súa vida privada, durante anos seguiu editando discos co nome de Walter Carlos. Loxicamente, ao longo dese tempo evitou os concertos e as aparicións públicas. Ao fin, deu a conhecer a súa nova identidade nunha entrevista no Playboy a fins dos setenta.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.54.120 (0f9f8a5c91)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley