caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Dez candidatos para liderar o BNG
> Dez candidatos para liderar o BNG <

O pasado venres o portavoz nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, anunciaba que non volverá a presentarse como candidato á Xunta de Galiza nas eleicións que terán lugar no 2005. Gosten del ou non, todos tenhen que reconhecer que a de Beiras é unha das cabezas máis ordeadas deste país; aos escépticos recoméndolhes a leitura do seu formidável discurso durante a moción de censura promovida pola oposición contra o Fragasaurio. Editado en forma de livro por Laiovento, nel fai un repaso exaustivo e brilhante das causas que levaron o barco ao fondo do mar e das consecuencias económicas e sociais que a traxedia ten e terá para o noso povo. Eu son un dos moitos que seguen convencidos de que Beiras é o melhor candidato que ten o Bloque e que sería un presidente magnífico; malia iso, este blog, consciente do seu labor de servicio público, quere contribuir ao debate sucesorio suxerindo dez candidatos para liderar o BNG:
Isolina, nai de Xosé Cuíña (se o BNG busca unha candidata con longa experiencia en multitude de conselhos de administración)
Miguel Fernández Lores, alcalde de Pontevedra (se o BNG quere manter o voto pontevedrés)
O dobrador de Sin Chan (se o BNG quere captar aos votantes do futuro)
Francisco Rodríguez, deputado nas Cortes (se o BNG busca a alguén animoso e cheo de entusiasmo e quere conseguir o voto de... o voto de... Vaia, o voto de Francisco Rodríguez, polo menos)
Paula Vázquez/Jesús Vázquez (se o BNG quere garantizarse unha boa imaxe e minutos de televisión)
Camilo Nogueira, eurodeputado, 67 anos (se o BNG quere apostar decididamente pola renovación)
Carlos Blanco (se o BNG quere animar un pouco a soporífera vida política galega)
Lois Pérez Castrillo, ex-alcalde de Vigo (se o BNG opta por un líder eficiente e cun amplo respaldo popular)
Susana Seivane (se o BNG busca un presidente que, postos a tocarlhe a gaita aos eleitores, polo menos toque nela ben)
Anxo Quintana, senador (se o BNG quere dar un sorprendente golpe de efecto, como Aznar ao designar a Rajoil)
O chófer da orquestra París de Noia (se o BNG prefire un líder que conheza Galiza palmo a palmo)
Manuel Rivas (se o BNG ten pensado sacar á venta os discursos do candidato)
Carmina Burana (se o BNG quere presentar a unha das boas cantantes deste país, como dixo Pérez Varela, outro demócrata de toda la vida)


Porque hoxe é domingo: Ventanas

Livros para o canon: Contos de Eça de Queirós; John Ford de Peter Bogdanovich; Bartleby, de Herman Melville

2003-09-01, 02:05 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10947

Comentarios

1
De: Anna Fecha: 2005-05-09 13:43

Topei este blog de casualidade! Pero aplaudo a tua presentazon das opcions do BNG para o cabeza de campanha...
Foi un pau saber da decision de Beiras.
anna, dende o exilio



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.136.26 (0935b18b09)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley