caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Elixir ao (ir)responsábel
> Elixir ao (ir)responsábel <

Quen mo contou asegura que é certo, e eu acredito nel. De non selo, tampouco importaría moito: é unha desas historias tan simpáticas que merecen ser verdade. Cóntolles: ademais de Ana e de Loyola, existe unha terceira irmá de Palacio. Avogada nun deses caros e afamados bufetes de Madrid, alguén pensou nela para exercer como comisionada no asunto do Prestige (xa saben, o barco ese con carga fluctuante). Estaba xa case todo atado e ben atado, pero alguén reparou en que a súa designación era altamente inapropriada. O problema radicaba no seu nome, ben pouco oportuno para o caso xa que a dama chámase, curiosamente, Urquiola. Descartada ela, optaron por un demócrata de toda la vida, Martín Villa.

Quizá algún de vostedes pense que esta historia non se pode crer. Suxírolle, entón, que repare un pouco en como o xefe supremo do partido que nos governa está elixindo ao seu sucesor, de que maneira tan transparente e con canta participación da militancia. Pensen, comparen, e díganme logo se lles parece que este xeito de escoller candidato para unhas eleicións é máis sensato e razoábel que o empregado para designar ao encargado de mentirnos no tema do Prestige.

2003-08-31, 03:09 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10917

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.145.118.24 (5dc49f1f81)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley