Prometinlle á
miña favorita que habería de lembrar aquí mesmo
o enlace cara un fermosísimo poema de
Juan Antonio González Iglesias que hai uns meses tomeime a liberdade de publicar no blog. Nun comentario a ese mesmo post incluín outro máis,
Capoeira, aparecido no seu magnífico libro
Un ángulo me basta, un dos que quizá debera liberar nalgunha próxima estancia bilbaína malia ser o único del que posúo. Gostei moito de
Esto es mi cuerpo, unha maravilla que descubrín buceando polos estantes dunha biblioteca e que ao parecer xa non está disponíbel no catálogo da editorial, e non podo dicir nada do resto das súas obras porque non tiven o pracer de lelas e, dito sexa ao paso, non vexo fácil atopalas. González Iglesias é dono dunha voz lírica exquisitamente coidada, con ocasionais aromas whitmanianos. A súa é unha poesía de búsqueda da fermosura e da felicidade, e nese esforzo déixanos pezas de modélica perfección.
Ben, hoxe non lles ando moi creativo que digamos (algunha vez chego a selo, pregúntome?), así que limitareime a usar máis unha vez o talento do admirábel salmantino, poñendo aquí outro sublime poema seu, para disfrute da Dama Jaio e de todos cantos saiban gozar da beleza alí onde se atopa.
He detenido el vuelo de las aves
las pasiones, por contener el maximo de vida son las cosas más santas - YEATS
He detenido el vuelo de las aves,
el canto de los pájaros
para cantar la gloria de Dios en tu cintura,
tu torso receptivo de claridad a oscuras,
boxeador diminuto entre mis brazos.
Por ti
me convierto en amor varias veces al día.
Amo tu cuerpo simple y masculino,
Vámonos al combate de los muchos asaltos.
He leído el tratado geométrico de Euclides
antes de acariciarte. Sólo quiero que estemos
las próximas diez horas
perfectamente interconectados.
De madrugada llego a tu garganta.
El lugar de tu lengua, yo lo tomo.
Y aunque ahora podría erigirme en un nuevo
portavoz de la joven poesía en llamas,
prefiero ser el hombre que es capaz del silencio,
y así, con los residuos más pobres del lenguaje
celebro la presencia de tu cuerpo en mi vida.
¶