caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A opinión dos expertos
> A opinión dos expertos <

Nun exemplar de Time de hai catro anos adicado a repasar algúns dos máis importantes nomes da ciencia e do pensamento do século XX aparecían frases pronunciadas en diferentes momentos por xente de prestixio que amosou unha nula capacidade para intuír o futuro. Lidas hoxe provocan en nós un sorriso resabido, pero, sexamos honestos, se alguén nos pregunta agora como cremos que será o mundo dentro de trinta anos e é tan perverso como para gardar as nosas palabras o máis probábel é que chegado o día acabemos por descubrir que non atinamos en nada de nada. Vivimos rodeados de tecnoloxía que hai só un ou dous lustros parecíanos impensábel. Fagan memoria, por exemplo. Canto tempo hai que enviaron o primeiro correo electrónico desde as súas casas? Un ano? Dous? Tres, quizá?

Así que lean isto pensando que calquera de nós metería o zoco exactamente igual que eles. Exceptuando o de Winston Churchill, claro, que iso si que non ten nome; pero xa saben, el era político.

Todo o que pode ser inventado, xa foi inventado - Charles Duell, xefe da Oficina de Patentes dos EE UU, 1899

Os raios X son unha trampa - Lord Kelvin, físico, arredor de 1900

A pureza química do ar non é de importancia - L. Erskine Hill, profesor de fisioloxía no Hospital de Londres, 1912

A moda da radio ... morrerá co tempo - Thomas Edison, 1922

Aínda que teórica e tecnicamente a televisión poida ser factíbel, comercial e financeiramente considero que é imposíbel - Lee DeForest, 1926

Para 1940 a teoría da relatividade será considerada unha broma - George Francis Gilette, enxeñeiro americano, 1929

Dentro de cincuenta anos teremos escapado do absurdo de engordar unha galiña enteira para comer só o peito ou as ás, podendo engordar estas partes por separado baixo un medio apropriado - Winston Churchill, 1932

Penso que só hai mercado mundial para uns catro ou cinco ordenadores - Thomas Watson, xefe da IBM, 1943

A bomba nunca funcionará, e falo como experto en explosivos - Almirante William Daniel Leahy, asesor do presidente Truman no proxecto da bomba atómica, 1945

Viaxar polo espacio é unha absoluta tontería - Richard van der Riet Wooley, asumindo o posto de Astrónomo Real Británico, 1956

Non hai razón para que cada cidadán teña un ordenador na súa casa - Ken Olson, presidente de Digital Equipment Corp., 1977

640 K de memoria deberían ser suficientes para calquera - Bill Gates, 1981

A clonación de mamíferos é bioloxicamente imposíbel - James McGrath e Davor Solter, escribindo en Science, 14 Decembro 1984

2003-08-23, 20:04 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10758

Comentarios

1
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-08-24 07:04

Pois si que se confundiron, sobre todo Charles Duell, Lee DeForest, Thomas Watson, Almirante William Daniel Leahy, Ken Olson e Bill Gates.



2
De: Jueves Addams Fecha: 2003-08-24 22:20

El futuro ya no es lo que solía ser!!
Saludos



3
De: Jaio la espía Fecha: 2003-08-25 06:36

Lo más grande del asunto es que, la mayoría... negaría haberlo dicho.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.197.75.83 (ccf77fbda8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley