caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Javier Armentia
> Javier Armentia <

A primeira bitácora da que tiven noticia foi a de Javier Armentia. Atopeina gracias ao eficacísimo Señor Google e así empecei a ler nela os excelentes artigos de divulgación que este cabaleiro publica en El Correo. Tardei ben pouco en descubrir que todo o que por alí aparece me parecía altamente interesante, así que o seu blog pasou a formar parte das leituras diarias que non podo nin desexo eludir. Entre os blogs hai cousas moi boas, moi malas e mesmo hainas simplesmente regulares, e logo hai tamén unhas poucas verdadeiramente imprescindíbeis, como Por la boca muere el Pez ou Una cuestión personal. Isto é unha obviedade para calquera visitante sensato de Blogalia, pero quizá sexa un descubrimento para algúns dos que chegan a estes días estranhos desde Portugal ou o Brasil.

Javier Armentia é un magnífico divulgador, iso está claro. Hai xente que divulga por obriga e xente que divulga con pracer, fuxindo da solemnidade hierática que só serve para inducir na xente un aburrimento mortal. Armentia é dos que sabe que o xogo é unha ferramenta valiosa de aprendizaxe, e que poucas cousas se aprenden tan ben como aquelas que poden verse e tocarse. Mestura ideas con alegría e frescura, e así descobres que Mendeleiev, o da táboa periódica, foi quen determinou o grao alcohólico do vodka. Eu, que son informal por natureza, sinto debilidade por estes exercicios de sano eclecticismo.

Pero alén dos seus textos divulgativos hai outro Javier Armentia que me resulta aínda máis estimulante. Refírome ao home valente e bravo que se expresa con rotundidade na era do politicamente correcto; ao incansábel provocador de conciencias que se pronuncia con claridade sobre as estupideces do Vaticano e outras moitas cuestións, ás veces desde posturas escasamente cómodas nun país como este, adormecido pola musiquiña permanente do España va bien. Por iso gosto de ler o que escribe, para acabar de espertar.

O venres pasado tiven o pracer de coñecelo. Souben así que, ademais, é un home extraordinariamente divertido e xeneroso, dono de mil historias e de mil anécdotas. Un tipo lúcido e libre, para o cal tolerancia non é unha palabra calquera.

Gracias por todo, Pez.

2003-08-19, 07:16 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10656

Comentarios

1
De: Tubbo Fecha: 2003-08-19 11:15

Javier Armentia es así: un verdadero monstruo.
A mí me han hablado muy bien de él y la persona que lo ha hecho tengo la absoluta confianza de que no es un adulador (el ya sabe quien es).
Armentia seguirá con su magnífico trabajo y sus opiniones (acertadas o no, que de todo hay) que para eso es un hombre libre. Si esas opiniones no le gustan a algunos, como ese tal Borjamari, pues ¡que se jodan y en paz!



2
De: Yogurtu Fecha: 2003-08-19 15:46

Yo me quedé prendado de "Por la boca..." con esta historia. La de cosas que se pueden aprender.



3
De: ElPez Fecha: 2003-08-19 17:39

Gracias Mr Pawley, pero si algo tengo claro desde que comencé a dejar por la bitácora escritos es que ni mucho menos soy imprescindible, ni me atrevo a calificarme más que como un "perpetrador" de los escritos que ahí aparecen. El elogio que me dedica, eso sí, me honra, porque de lo único que me cabe honrarme es de que haya gente buena que me visite, y que opine. Que es lo importante. Me da miedo eso de ser "referente" de nada, y ya le comenté mis miedos ante el hecho de que por razones de mi trabajo y movimientos varios estoy sin grado de separación con demasiada gente abyecta. Me consuela el que también lo estoy con gente muy buena; y estoy convencido de que esto de las redes favorece encontrar a gente muy interesante con la que disfrutaremos mucho. El resto es puramente casualidad, azares, esas cosas que van llenándote la vida, claro... aunque ni nos damos cuenta.

No sé bien qué me digo, me siento incómodo cuando alguien dice cosas como las que Vd ha dicho de mí (también me incomodo cuando alguien me dice que soy muy guapo o atractivo, aclaro...) En fin, ¿cómo conseguir "estar ahí" y no exponerse a ser uno mismo objeto de opiniones?

Al menos, la fiebre remitió y hoy puedo toser por la calle...



4
De: Martin Pawley Fecha: 2003-08-20 08:29

Pez, temo que vostede é imprescindível para todos aqueles que non desexamos prescindir das súas palavras.

O bon de escribir e publicar nun meio aberto como este é que tarde ou cedo un acaba sempre atopando pontos comúns e afinidades con xente de aquí e de alá. Isto é comunicación, fundamentalmente.



5
De: Leonel Vicente Fecha: 2003-08-21 02:34

A propósito da tragédia do Prestige, remeto para dois artigos publicados no jornal "Público":

http://ultimahora.publico.pt/shownews.asp?id=1161973

e

http://ultimahora.publico.pt/shownews.asp?id=1162093&idCanal=96

Sobre as outras tragédias (de ontem), remeto para o Socio(b)logue, num post com o título "Sem comentários".



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.197.75.83 (ccf77fbda8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley