caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Dez boas razóns para achegarse até Pamplona
> Dez boas razóns para achegarse até Pamplona <

Comprendín hai xa algún tempo que as paisaxes das que máis gozo son as paisaxes humanas. O mellor de viaxar e coñecer outras terras non son as terras en si, nin sequera as belezas naturais ou artísticas que sobre elas repousan, senón o trato coas xentes que nelas habitan. Gosto de mergullar entre pedras, pero disfruto máis facéndoo entre conxéneres da miña especie. É así que estou desexando ir ao Rio de Janeiro pero non para facer as visitas turísticas de rigor senón polo feito de que ter alí ao amigo Omar supón a oportunidade de coñecer un Brasil distinto, alonxado do tópico Ipanema e Carnaval dos tour-operators. Eu non quero ver Río simplemente; eu pretendo a absurda ficción de ser carioca por uns días. Quizá se deba a que na lista de persoas coas que estou disposto a tratar caben aínda infinidade de nomes.

Os motivos iniciais de eu querer ir a Pamplona eran o planetario e o seu xefe de akelarres, un tal Armentia. Pero logo a viaxe foi enchéndose de contidos que me permiten suxerirlles dez boas razóns para achegarse até Pamplona. Para achegarse, e para volver. Polo de pronto, en decembro e sin que sirva de precedente andaremos ben perto, por Bilbao, espiando un pouco da man da mellor mestra imaxinábel nesas artes.

Aí vai, pois, a lista de hoxe:

A sidra
Encontrarse con Canopus, que vén desde Madrid
Escoitar a palabra de Dios
Coñecer en persoa ao osito
Urbasa
O Oteiza que se ve na súa casa-museo en Alzuza (e o que non se ve, tamén)
Falar con Jaio, a favorita do meu harén
Atopar un libro perdido nos arredores do Pamplonetario
Escoitar a Cássia Eller no Pamplonetario
Descubrir que estou a só dous graos de separación de Aramís Fuster, Alberto Fujimori e outros seres abyectos
O pacharán
Javier Armentia

2003-08-18, 03:09 | 7 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10631

Comentarios

1
De: ElPez Fecha: 2003-08-18 09:28

muchas gracias, Martin... porque contigo, yo tenía una buena razón para estar aquí en pamplona :-)



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-08-18 09:39

Isto non é nada, Pez. Espere a manhá!

Por certo, vale o de Cássia, os Jayhawks e Wilco. Pero... ¿tamén o I have gambas, I have chopitos, I have jamón...?



3
De: rvr Fecha: 2003-08-18 15:29

En mi lista de razones, está esa de "disfrutar de la lluvia y una bajada de temperaturas" ;)



4
De: canopus Fecha: 2003-08-18 17:47

Pawley, gracias a gente como tú, uno que no tiene ni idea de idiomas, hace el esfuerzo de leer en gallego. ;)

rvr, es fácil disfrutar de la lluvia con chubasquero y gorra... pero los que iban "a pelo", incluido alguno con sandalias, no creo que disfrutaran tanto :)



5
De: Jaio la espía Fecha: 2003-08-19 07:34

Gozo enorme, placer infinito, deleite con fruición, regocijo ilimitado y lujuria incalculable son cinco de las sensaciones que me traje enredadas en los bolsillos, tras un día como el viernes. Y tú fuiste uno de los que las propiciaron. Gracias, Martin.



6
De: Fura Fecha: 2003-08-19 07:38

Daquela baiche gustar tamén Praia de Forte (Bahía), o seus paseos a luz brilante da lúa, achegarte as tartarugas da praia, escoitar unha batucada nas ruas da parte vehla da cidade, e tomar unha caipirosca no local "do Pirata" mentras te deixas levar por unha garota o ritmo da sambinha. E ben certo, o Brasil profundo no ten nada que ver cos dos touroperators. Meu deus....cáeme o sudor no teclado soio con pensar nelo.



7
De: Leonel Vicente Fecha: 2003-08-20 08:33

Concordo plenamente que os R.E.M. são um dos melhores grupos do mundo (estive de férias, sem acesso à Internet, pelo que só agora voltei a visitar o teu blogue).



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.157.174 (f8ae440b99)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley