Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > os mitos do ceo (V)
> os mitos do ceo (V) <

Hoxe, na noite do máximo das Perseidas, é inevitável falar de estrelas filantes, ou estrelas fugaces, ou mesmo estrelas-cadentes se o prefiren. Xa saben: unha partícula entra en contacto coa atmósfera e se desintegra por fricción, ponhéndose incandescente e deixando un vistoso trazo luminoso. Sen dúvida, un dos máis fermosos espectáculos que nos dá a noite.
Ás estrelas filantes sempre se lhes formularon desexos. Na tradición galega, pedíanselhe tres e concedían un. Ás veces, as estrelas filantes representan ánimas extraviadas e traen noticia de mortes e desgracias; para evitar o seu mal dise tres veces Deus te guíe ben guiada, que no Ceo foches nada, tal e como conta o fórmidável Diccionario dos seres míticos galegos. As desta noite son tamén conhecidas como Bágoas de San Lourenzo, pois a súa máxima actividade fica arredor da data do 10 de agosto en que se celebra a súa festividade. Os meteoros virían ser como as bágoas que deitou o santo no seu martirio.

Aproveiten a boa temperatura da noite e pídanlhe ás estrelas moitos desexos. E logo, fagan o posível para que se cumpran.

os mitos do ceo (IV)

2003-08-13, 00:26 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10553

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.241 (abd9886ba3)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley