caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Relato soñado
> Relato soñado <

Entrou na casa pola xanela, aproveitando que eu durmía. Remexeu canto quixo por todas as estancias, armando tanto rebumbio que acabei por acordar. Saltei da cama e dirixinme á sala. Alí estaba, placidamente pousado nun sofá. Servírase unha copa de licor café ourensán e mesmo tivera tempo de acender un enorme habano. Collera dun estante o álbume de cromos que meu avó completara en Cuba hai cousa de noventa anos. Vin como pasaba as páxinas con arrogancia e desprezo, e iso pareceume excesivo. Non merecía a miña cortesía, pero aínda así optei pola prudencia e a moderación. Limiteime a preguntarlle quen era.

-Será descarado!-díxome o terríbel descoñecido-. Como ousa dirixirme a palabra, así, polas boas? Como é que se atreve a falarme? Maleducado! Groseiro!

-Pero, como se atreve! Que fai vostede aquí? Como é que entrou?- respondín perplexo.

-Que que fago aquí! Pero que desfachatez a súa! Vostede está atacando os meus dereitos e as miñas liberdades. Marcho agora mesmo! Non aturo máis este ambiente opresor! Vexo con claridade que eu non son do seu agrado. Seguro que vostede é deses que cren que á súa casa só entran os amigos e familiares... Represor, é vostede un represor! Irei correndo a outra casa onde sexa benvido e onde todos respeten a miña radical independencia!

E foise por onde entrou, pola xanela, levando a botella de licor café.

2003-08-08, 03:13 | 10 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10456

Comentarios

1
De: Fura Fecha: 2003-08-08 07:57

Non sei o nome do debandito intruso, mais si que sei a sua profesión: de certo era un POLITICO. E máis ainda, seis por onde entrou pola fiestra que ten case toda-los fogares do pais: a televexa.

¿Engánome?



2
De: Akin Fecha: 2003-08-08 08:25

Se eu non o entendín mal... si, engánase.



3
De: Akin Fecha: 2003-08-08 08:25

Por certo... xenial Pawley !!



4
De: Fura Fecha: 2003-08-08 08:32

Pero home Akin¡¡
que era unha broma carallo.



5
De: Snob Neurotico Fecha: 2003-08-08 08:33

Xenial



6
De: Fura Fecha: 2003-08-08 08:36

E por certo, Martin...dacordo con Akin, e boísimo.



7
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-08-08 09:22

Mañifico!



8
De: EMF Fecha: 2003-08-08 16:50

Imaxino outro final:

A cara de M. Pawley berrando:
- Non, o licor café non!.

PS: Sería como remataría o meu... e sobre todo porque na miña casa facemolo e está bo de carallo.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2003-08-09 03:46

Bon final, EMF.

Se na súa casa fan un bon licor café, vaia pensando en facer nela unha quedada blogueira canto antes! ;-)



10
De: EMF Fecha: 2003-08-14 00:06

hehehe, se hai quedada haberá que levar unha botelliña. Para cando? :-)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.236.133 (cb759b668d)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley