caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Gostan de min?
> Gostan de min? <

Todos escribimos por vaidade. Escribimos co desexo de que nos lean e de que outros gosten de nós, mesmo naqueles casos nos que o pudor e a vergonha acaban por paralisar todo intento de difusión. Escribimos para nós, pero tamén escribimos para alguén, ou para alguén aínda por conhecer. Todos andamos á procura de xente coa que compartir os nosos pensamentos, as nosas emocións, e tamén polo tanto os nosos escritos.
Escribir debera ser algo tan natural como ler. Independentemente da nosa habilidade creativa, da nosa capacidade para xuntar palavras e estructurar de xeito ordeado un texto, escribir é un magnífico costume que a escola e outras instancias represoras se encargan de facernos esquecer. Lamento profundamente que para moita xente a escritura deba ser un exercicio exclusivo de grandes popes, en calquera nível. A min paréceme estupendo que cada un escriba o que lhe pete, que se desafogue contra o papel ou contra unha pantalha de ordenador; e paréceme moi lexítimo que logo haxa quen o considere unha merda, ou quen o considere unha xoia.

Nestes últimos tempos hai moito rebumbio na parroquia blogueira a conta dun cabaleiro que se adica a comentar bitácoras. O tipo fai moi ben en escribir esas cousas se así é feliz, e en verdade os seus textos califícanse por si mesmos: bastoume ler algunhas noxentas insinuacións a rvr para entender que non tinha necesidade de perder máis tempo por alí. Esa páxina non volverá ocupar nunca máis un só minuto da minha vida.

Miren, hai un feixe de cousas fermosísimas que ler. Cinxíndonos aos blogs, que é o que nos ocupa, a lista de visitas obrigadas empeza xa a ser extenuante. Do osito ao Pez, de Ender a Yogurtu, de Vendell a ElDa se volve, e fíxense que nin sequera saín de casa. Logo, o repaso a actualidade bitacoril galega, empezando por EMF e IaRRoVaWo, e seguindo pola lista que anda por aí á dereita. Caminho de Brasil para encontrarme co amigo Omar fago escala en Portugal, no aaanumberone, polo cal conhecín varios fantásticos blogs (direi melhor blogues, companheiro Leonel?), como o brilhante Abrupto. Cruzamos o oceáno con destino Florianópolis, onde o mestre César Valente imparte leccións de estilo e bon espírito. Pedro Lemos é sempre fonte de boas ideas e boas referencias. A moitos kilómetros de alí, o Eddy transmítenos saudades e sensacións con prosa emotiva e ben coidada. E logo o Cris Dias, e este, e aquel... E podía seguir con Descalza&Tesuka, Borja,Jaio, Akin, Daurmith, Jueves, Algernon, e polo imprescindível libro de notas e no mínimo... A lista que aparece á dereita non está posta ao chou. Non están todos os que son, pero si son todos os que están: permítanme o tópico. Non fai falta ir a todos todos os días, pero recoméndolhes vivamente que lhes dean un repasinho, de cando en vez.

En fin, que coa de cousas interesantes que hai por aí adiante confésolhes que non estou disposto a perder tempo con parvadas de instituto. E ademais, as conspiracións só me interesan se están contadas por John Frankenheimer. Un director de cine, non me pensen mal.

2003-08-07, 05:14 | 13 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10432

Comentarios

1
De: Akin Fecha: 2003-08-07 09:25

Oxalá se adicase a comentar bitácoras e non ás peroas que as escreben.



2
De: Algernon Fecha: 2003-08-07 17:15

Uhm, en esta lista de visitas obligadas falta usted, Mr. Pawley :P



3
De: Cesar Fecha: 2003-08-07 17:44

Bom dia, Mr. Pawley. Obrigado pelo abraço. E mais uma vez obrigado pela referência. Sobre os maus blogs, de fato, a melhor coisa a fazer é ignorá-los e deixar que se consumam no chorume de seu próprio ódio.



4
De: ascárida Fecha: 2003-08-07 20:07

Somos todos uns hipócritas de carallo.



5
De: Yogurtu Fecha: 2003-08-07 20:21

Digo yo si no será mejor hacer caso omiso de según qué exabruptos y adolescencias. No les demos repercusión.

Gracias por el "product placement", eso sí. :-)



6
De: Ender Fecha: 2003-08-08 01:03

Martin !! Que teño as camas sin facer e a louza sin fregar!!!. Lembre que eu non manteño a casa esplendorosa como vd., pero alégrome moito de que me fixera traballar. É curioso ver as cousas que un atopa agachadas detrás dos botes de salsa de tomate.

Agradézolle de corazón a inclusión no seu itinerario.

E sobre o tema de ese cabaleiro que menciona, pois ben, as necesidades de expresión de certos individuos ás veces son así. Certamente, os burdeles existen, pero non son de obrigada visita.



7
De: Pedro Lemos Fecha: 2003-08-08 08:12

Taí uma boa forma de organizar a lista de "blogues" amigos: pela distância! Quanto mais longe, mais abaixo. :) Abraços aqui do sul!



8
De: Fura Fecha: 2003-08-08 08:29

Transcríbolle, amigo Pawley, unha contestación de hoxe mesmo a Javier Armentia sobor do ego inflamado.
"Non todo e negativo no Ego.Por exemplo: probabelmente a primeira razón po-la que un blogalita escrebe e pra poder ver plasmado él mesmo o que escribiu (denantes incluso de que os demáis o lean e opinen sobor do escribido). Dito doutro xeito: todos tenemos alma de creadores. Xa o dí a biblia: "Y Dios contempló lo que había creado..", pero non dí nada de que logo oubera montado unha exposición. Neso saimos ganhando os humans; non contentos con crear (que non e pouco) desexamos a opinión dos demáis.

No meu caso, este medio supon a diferencia entre non escribir (o que sempre fixen) e escribir (o que fago agora). Démoslle alomenos o valor de estímulo que este vínculo ten.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2003-08-08 08:32

Pedro, fíxese ben: os que tenho máis preto, son os que están máis abaixo.

Falando do Sul, díxenlhe xa que para marzo irei uns días ao Río?



10
De: EMF Fecha: 2003-08-08 16:48

Moi bó o comentario de Pedro :-)



11
De: Un que passava Fecha: 2003-08-08 18:45

Buen comentario. Se ha dado demasiada importancia a lo que no deja de ser una simple ejercicio de opinión personal poco elegante y educado.

Dejando el tema de lado, dicen que es de buen nacido ser agradecido, y nada mejor que honrar la educación recibida en casa que ejercerla: descubrí con agrado que me has añadido a tu lista de blogs, gracias de verdad.

Un cordial saludo.



12
De: Leonel Vicente Fecha: 2003-08-09 04:00

É com grande satisfação que me vejo incluído na lista de visitas. Tem sido muito bom conhecer essa língua, que como dizes, também é a nossa.



13
De: Jaio la espía Fecha: 2003-08-11 04:12

Gracias, Martin, por la referencia, pero estoy con Algernon, falta la tuya, que yo incluyo entre las primeras que leo.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.90.21 (687e7f7a15)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley