caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > margaritas a los cerdos
> margaritas a los cerdos <

Un dos máis brilhantes blogs que eu conhezo é, ou era, margaritas a los cerdos. Gozou dunha vida breve pero moi estimulante, e algúns dos seus textos, coma o xogo éticopoéticomatemático ou o Test sociolingüístico, deberían pasar ás antoloxías do xénero bitacoril no caso de que a alguén, algún día, se lhe dea por facer antoloxías destas cousas, levado por un ataque de exotismo. O seu autor, ElDa, leva dous meses longos sen ponher ningún post novo, feito que os seus moitos leitores lamentamos desde o máis fondo dos nosos corazóns. Pensei hoxe nesas margaritas coa axuda dunha copa de vinho, e imaxinei que boas historias lhe fican a ese tipo por contar, guerreiros de Samarkanda incluídos. Ter un blog, realmente, é como ter unha xanela céntrica desde a cal berrar (ao estilo Peter Finch en Network); eu non vou berrar, porque non queda nada fino, pero si vou lanzar agora ao aire o meu desexo de que ElDa nos deixe ver outra vez o que escribe, coa esperanza de que o aire me responda.

Non lho vou negar: hoxe falo de ElDa en gran parte porque se falase doutro tema, como dos tipos do Vaticano que din que as unións homosexuais son indignas e indecentes, ou algo así (que son pecado, e dos gordos, para entendernos), corro un serio risco de que me entren desexos de vomitar, e iso non é conveniente tendo en conta a alta calidade dos líquidos inxeridos nas últimas horas. E ademais, esa materia xa a tratou El Pez, coa calidade e contundencia que o caracterizan.

2003-08-01, 10:59 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10288

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2003-08-01 16:07

Eso. Contra as memeces do Vaticano nada coma a inxestion de líquidos de alta calidade e conversa de altura.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-08-02 04:26

Iso é unha redundancia, Vendell: só existen conversas de altura cando hai polo meio líquidos de alta calidade!



3
De: Akin Fecha: 2003-08-02 07:37

Bueno, cunha longa inxestión de comidas de alta calidade tamén pode haber unha boa conversa...



4
De: Jueves Addams Fecha: 2003-08-02 23:06

siempre a favor de beber, comer y hablar... no es mal plan para pasar este verano.
Saludos



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.167.215.35 (f09bef978c)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley