caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > César, Macu, Alberto
> César, Macu, Alberto <

Ou sexa, os irmáns Casal. Un periodista, unha psicóloga e un guionista de televisión. Antonte presentaron nun dos templos de A Coruña, a indispensábel Librería Lume, cova de rencorosos e resentidos, o seu libro A diario, publicado por Laverde Ediciones. Tres talentos literarios unidos para lanzar un berro conxunto contra a realidade viscosa da Galiza do Prestige. Era unha proposta atrevida, de resultado francamente satisfactorio. Créanme, non é un libro calquera. Quen toca ese libro, toca a tres seres humanos.

César opta polo recurso do diario; mergulla dentro de si mesmo con voz emocionada e abundantes apontamentos líricos. Macu tamén estructura o seu texto a xeito de diario, pero decántase máis abertamente cara a poesía, e Alberto pecha o volume con dous monólogos torrenciais e intensos. Son páxinas para estimular sensiblidades e conciencias, algo decaídas nestes últimos tempos nos que hai xa tanta xente ao parecer resignada a que os hilillos sigan chegando día si e día tamén á nosa costa mentres o anxo exterminador reparte medallas. Por sorte somos moitos os que non esquecemos.

Moitos, si. Pero... Cantos?

2003-07-31, 09:58 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10255

Comentarios

1
De: Sara Fecha: 2003-08-03 17:32

Vaya! no me había enterado de esto. Gracias M. Pawley. Y desde aquí mis felicitaciones a los tres, aunque a César creo que hay que felicitarlo por partida doble estos días :-).



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.190.185 (bff174eb9a)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley