A peza, provisionalmente chamada
Coro muxián (*) está deseñada para dous actores e un público. Nos extremos dereito e esquerdo do palco haberá dúas cadeiras, e na fronte do mesmo un conxunto de maletas de emigrante, cargadas de saudade. Un dos actores encarna ao
anxo exterminador; levará roupas negras e coxeará de xeito ben ostensíbel, coma se tivese as bisagras moi desgastadas. A súa única misión é pasearse dun lado ao outro do escenario, e de cando en vez pousará nunha das cadeiras e botará un pequeno sono, do que espertará asustado polos seus proprios ronquidos. O outro actor limitarase a ir colocando maletas na boca do palco.
Ningún deles emite palabra algunha; é o público quen reproduce o texto nesta obra de vangardismo atroz. Desde o momento en que se abren as cortinas, os espectadores deberán repetir constantemente e sen deterse a seguinte frase:
Dámoslle grazas ao anxo exterminador por ternos repartido a miseria e a morte
Dámoslle grazas ao anxo exterminador por ternos repartido a miseria e a morte
Dámoslle grazas ao anxo exterminador por ternos repartido a miseria e a morte
Dámoslle grazas ao anxo exterminador por ternos repartido a miseria e a morte
Dámoslle grazas ao anxo exterminador por ternos repartido a miseria e a morte...
A obra deberá prolongarse até que algún dos espectadores fique farto e opte por subir ao escenario e botar de alí ao anxo exterminador dándolle patadas nos testículos. Nese momento os restantes espectadores aplaudirán conmovidos. A obra continuará o tempo que faga falta até que tal cousa suceda; outros
catro anos, se for preciso.
*As confrarías máis afectadas polo Prestige renuncian a actuar xudicialmente contra ningún membro do governo e aceptan todas as teses oficiais
¶