caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Gosto de min
> Gosto de min <

Tenho un problema: estou perdendo espírito autocrítico. Verán, eu sempre gostei de escribir, pero até agora tiven a prudencia de ir botando ao lixo a maior parte dos froitos da minha creatividade. As minhas obras completas cabían no reverso dun selo de correos, postas a dobre espacio. Pero aí polo mes de marzo déuseme por abrir un blog nesta acolhedora comunidade e o meu ego empezou a medrar. Desde o primeiro momento optei por subir un post cada día, e confeso que en xeral non me desagradaban. Ao cabo dalgún tempo púxenme a reler algúns deles e díxenme, caramba, rapaz, que ben escribe o Pawley este. Vounos imprimir todos, si senhor. O paso a papel é decisivo: hai cousas que parecen sublimes na pantalha dun ordenador que se volven unha birria ao velas en negro sobre do branco. Superei a proba, por suposto. Recén saídos da impresora, os meus haikus adquiriron aromas novos, os textos cinéfilos parecéronme dotados dunha profundidade intelectual que rían vostedes de Cahiers du cinema e os posts cun carácter máis social enchéronse dun poder de convicción que para si quixeran os deputados da Asemblea de Madrid. Son un tipo grande, pensei. Eu son o máximo!

Logo venhen os amigos e dinche que o blog está moi ben e que ten moito contido. Que o meu é o primeirinho que len todas as manhás. Les e oes adxectivos xenerosos, que lhe ponhen a un a cara colorada por causa da natural modestia. Eu son o máximo, está claro. Miles de visitas me amparan. Son un campeón. Domino verso e prosa, e son practicamente perfeito en todos os sensos. En fin, en case todos.

Pois non, home, non. Isto non pode seguir así. Estou perdendo obxectividade. Tenho que recuperar a minha desapiedada capacidade autodestructiva doutrora, con coidado de non tirar xa as cousas ao lixo, iso si. Debo recuperar a perspectiva e pousar os pes no chan. Acho que o blog está ben, pero tampouco hai que pasarse. Quizá haxa algunhas cousas que estean especialmente ben; eu polo menos ténholhes algo de aprecio (claro, escribinas eu!). En conxunto, estou satisfeito. E ponto. Xa está. Xa estou recuperado. Gosto de min, pero só un pouquinho. Ah, que grande alivio!

Reconhezo que para esta catarse pública axuda moito a visita a blogs alheos. Por exemplo, se queren ler unha bitácora verdadeiramente ben escrita, vaian a esta. El si que ten razóns para quererse moito, literariamente falando.

2003-07-29, 10:36 | 17 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10192

Comentarios

1
De: EMF Fecha: 2003-07-29 18:10

Nós tamén gustamos de ti -nun senso estrictamente literario, polo menos eu, que son heterosexual-, pero non elo máximo. O máximo, por suposto, sono eu! :-)



2
De: Ender Fecha: 2003-07-29 18:24

Equivocanse, o máximo son Eu!. (esto estame soando a Espartaco). :)

En serio Mr. Pawley. Como siga tendo tanto exito, non me parecería raro recibir algún día un correo da Sociedad General de Autores exisindo un tributo por disfrutar do orden tas sentido que lle da as súas letras.



3
De: Algernon Fecha: 2003-07-29 18:33

Don Pawley, usted escribe muy bien, y merece, por lo tanto, los piropos que recibe. Además, por alguna extraña razón, comprendo muy bien lo que escribe en su bitácora, en su vertiente lingüística (aunque no hable en gallego, me encanta leerlo) y semántica.

Así que, siga por esta vía, y nos hará un favor :)



4
De: Jueves Addams Fecha: 2003-07-29 19:38

vaya, yo también he venido a hacerle cumplidos: no pasaría por aquí si no me gustase, no comentaría si no encontrase cosas de tanto interés...
Saludos!!



5
De: Vendell Fecha: 2003-07-29 21:21

¿Cómo pode alguén gostar da literatura de Pawley e non gostar da música de Bjork?

Seica lle quedan rexións da sensibilidades por explorar, amigo Martin.



6
De: Descalza Fecha: 2003-07-29 23:25

Amigo...heille quitar o cumprido diario...as veces..preocupame...;-)



7
De: Yogurtu Fecha: 2003-07-30 03:17

Amigo Pawley, se toma a sí mismo con sentido del humor... dos muestras de lucidez en dos posts consecutivos. Preocupante.

Los elogios (e-blogios) que me dirije son abrumadores, Martin. Gracias por exagerar tanto y por hacerme publicidad :-)



8
De: Yogurtu Fecha: 2003-07-30 03:19

Y además me acabo de quedar en evidencia: dirige. Con ge, oiga, con ge. Qué bochorno. :-(



9
De: Jaio la espía Fecha: 2003-07-30 05:29

Mr.Pawley ¡por cierto! ¿le he dicho que me encanta cómo escribe? Y no digamos cómo me encantará el día en que le entienda lo que dice :P
¿Hablaba usted hoy de algo interesante? ;-)
Siga, siga autocriticándose con esmero. Estoy con Yogurtu, reirse de uno mismo es el primer paso para... bueno ya nos enteraremos para qué, pero es un paso.



10
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-07-30 07:22

Eu sempre gosto de ler o teu blog, xa me gostaria amin escreber como escrebes ti. :)



11
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-30 10:52

Snif... Estanme emocionando coas súas bonitas palavras!

Alégrame que me entenda, Algernon, e lhe recomendo que se pase por máis blogs galegos e mesmo por outros do mundo lusófono, a esta unha beira ou outra do Atlántico. Na columna da dereita hai algúns enlaces, e debería ir engadindo outros novos recentemente descubertos.

EMF, IaRRoVaWo: un pracer que se pasen por aquí. Somos poucos, pero ben levados. Por aí se empeza!

Ender: você non é o máximo, non senhor. A medalha de ouro fica reservada para o seu... perdón, para Yogurtu. Adxulhícolhe a vostede a de prata.

Yogurtu: iso, o dito. Escriba moito, que algúns ficaremos ben satisfeitos. E cando sexa vostede rico e famoso, siga sendo xeneroso á hora de facer uso do seu talento. Non garde nunca nada. Faga como Ethan Hawke de Gattaca: non reserve forzas para a volta.

Jueves: vostede leva pasándose por aquí desde ben ao principio, desde unha mención en libro de notas, creo lembrar, así que entenderá que lhe estea especialmente agradecido.

Jaio: vémonos por aquí, non?

Descalza: non serei se poderei pasar sen o seu cumplido diario...

Vendell: acéptolhe I've seen it all e Hidden place. Pero, en xeral, que ten a grimosa rapaza islandesa na garganta? Estará enferma? Terá placas?



12
De: EMF Fecha: 2003-07-30 17:26

Non lle gusta Björk!???
Que lle corten a cabeza!.



13
De: ascárida Fecha: 2003-07-30 18:14

Ahhhhhhhh grimosa???????, a última deusa pagana nin máis nin menos :D

Señor Pawley gústese, gústese moito. Pero non pare, non pare nunca.



14
De: Pedro Lemos Fecha: 2003-07-31 06:40

Que reflexão a tua, não? Vale lembrar que, as vezes, não queremos saber de objetividades, mas, sim, de "subjetividades". :-) Acredito, como os demais, que o teu weblog está muito acima da média pois alia o conteúdo à forma de escrever, com conclusões nem sempre fáceis, mas agradáveis e, por que não, indispensáveis. :-) Abraços brasileiros!



15
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-31 07:21

Pois non, non gosto moito que digamos desa deusa pagana, aínda que Vendell e Descalza están contribuíndo a que o meu parecer se volva menos belixerante.

Gracias polas palavras, Pedro. E unha aperta, companheiro! (Por certo, se todo sae ben en marzo pasarei uns días en Río)



16
De: bor Fecha: 2003-08-03 04:19

En caso de unha necesidade extrema... ofrezome voluntario para darlle unha colleja (fisica!, nada de virtual) de cando en cando...

Ata ese momento siga vostede asi Sr. Pawley que moitos somos os que gostamos de vostede.



17
De: Martin Pawley Fecha: 2003-08-03 12:25

Creo, bor, que aínda non sinto necesidade de que me zoupen. Si tenho ocasionais desexos de zoupar a algunha xente, a vostede por exemplo, que me ten moi enfadado ao non postear nada nos últimos tempos; pero a parte menos animal de min logra dominar eses impulsos irracionais...

Obrigado, Bor.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.157.174 (f8ae440b99)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley