caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > The Moab story
> The Moab story <

Estreouse o pasado venres "The Moab story", o último trabalho do director Peter Greenaway. Confeso xa a minha absoluta admiración e entrega cara o seu xeito de facer cine: é un becho raro, alguén que fai o que lhe peta e como lhe peta, un xenio con capacidade para construir escenas inesqueciveis e que trata as imaxes con todos os procedementos que a técnica e a súa imaxinación lhe permiten. "The Moab story", primeira parte da triloxía "The Tulse Luper Suitcases", oferece razóns suficientes que xustifican o seu visionado. Ten un espléndido comenzo e unha espléndida parte final, e decae de xeito considerável na parte do meio, xustamente a que dá título á fita, pois se desenvolve no deserto de Moab, en territorio mormón. Contén, por suposto, un feixe de probas do talento visual de Greenaway, que nos mestura varios planos a un mesmo tempo, repite accións e imprime textos (mesmo fragmentos do guión) na propria pantalha. Para os seus fieis, entre os que me inclúo, unha gozada. Si, pero...
Greenaway ten intención de desparramar a historia do tal Tulse Luper ao longo de tres filmes, unha web (ou varias), livros, CD-ROMs, DVDs, etc. El segue coa súa teima de que o cine convencional está morto e de que só un iluminado coma el pode conseguir que resucite. Vista "The Moab story", que, honestamente, non deixa de ser a peor longametraxe das que eu lhe conhezo ao Peter, a anos luz de "The baby of Macon" ou "The pillow book", por citar as últimas súas estreadas, non parecía ter sido preciso tanto alarde. Pouca intención narrativa hai en "The Moab story", e pouco hai que non viramos xa antes no seu cine, co cal, e asumindo unha certa ousadía posto que aínda nos faltan por ver dúas entregas da serie, eu tenho a total sensación de que esa querencia multidisciplinar que se gasta o británico é froito exclusivamente do seu inacabável ego, e non dunha verdadeira necesidade creativa. Porque, francamente, todo o visto até agora podíase contar en bastante menos tempo. Será que o bon do Greenaway xa non dá para máis? A resposta, nas próximas maletas...

2003-07-23, 08:53 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/10051

Comentarios

1
De: Descalza Fecha: 2003-07-23 21:38

Cuestión de ritmo..un pouco lento.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.224.230.51 (75e616cf27)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley