Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > O cazador de Ángel Santos, hoxe en Onda Curta
> O cazador de Ángel Santos, hoxe en Onda Curta <

Non perdan de vela hoxe pola noite no programa Onda curta da TVG, a iso da unha menos cuarto. Na miña opinión, un filme extraordinario feito por un dos creadores máis sólidos do audiovisual galego (os comités de selección de Curtocircuito e o Liceo Casino de Vilagarcía non pensan o mesmo).



"Tiven noticia de Ángel Santos hai algún tempo, cando presentou no CGAI, case de incógnito, unha pequena marabilla disfrazada de proxecto de fin de curso, Septiembre (Los amores jóvenes). O seu novo traballo, O cazador, o primeiro cunha produción convencional, parte do conto homónimo de Anton Chekhov para elaborar un fascinante exercicio de representación estruturado en tres bloques: a lectura que unha muller fai do relato; a escenificación teatral do texto, a maneira de ensaio, sen decorados, por parte dun actor e unha actriz, e a seguir a súa reconstrución cinematográfica, cos mesmos intérpretes como protagonistas. Unha reflexión sabia sobre o proceso de adaptación aniña no corazón de cada plano desta alfaia formalista e rigorosa, que mira de esguello a Straub e parece estar ao día das cousas que acontecen no cinema contemporáneo. As espléndidas actuacións de Marta Pazos e Lois Soaxe, nomeadamente deste último, e a contida concepción artística do seu director, sutil até na elección da música, fan d'O cazador -na miña opinión, a mellor película de ficción da historia do audiovisual galego- unha obra mestra no sentido máis literal do termo: unha da cal tirar moitas aprendizaxes. A máis importante, que unha curtametraxe debe ser por riba de todo un filme; de pequena duración, si, mais un filme, completo e valioso en si mesmo". (Viva Oliver Laxe!, 30 de xullo de 2008)


actualización: poden velo a través de Internet grazas ao servizo de televisión á carta da TVG neste enderezo (proben co VLC Player, que vai moi ben).

2008-11-16, 15:43 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/60559

Comentarios

1
De: Anónimo Fecha: 2008-11-16 16:01

Todo iso das tres fases é unha escusa conceptualmente pretenciosa para encher un feixe de minutos sen ter nada que contar. A posta en escea plana e vacía. "O cazador" é simplemente insignificante.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2008-11-16 16:11

Non concordo en absoluto co seu comentario, mais polo menos desta volta é respectuoso. Algo gañamos.



3
De: Anónimo Fecha: 2008-11-21 14:29

Con todo o respecto, creo que lle estades facendo moito dano a esa curta poñéndoa nos cornos da lúa pero sen reparar nas gravísimas deficiencias que ten, que son tanto lingüísticas como actorais...
Insufribles moitas das frases que se escoitan na voz dos actores e actrices, por riba lendo textos literarios na primeira e segunda parte, e no diálogo da terceira. Hai tempo que non vexo algo tan cangado de ignorancia: castelanismos, pésimas colocacións dos pronomes, expresións imposibles e dúas actrices en papeis mediocres... De verdade no canto de facerdes de fans do director, convencédeo de que cunha boa idea escarallouna polo desleixo, alguén imaxina a un actor, nun escenario teatral dun filme de ficción sustentado nun texto literario, decir en español "me se cayó al suelo". Pois deso pero en "pretendido" galego está inzada esta curta.
Xa abonda de consentir burradas coa lingua, xa abonda con facernos tragar actrices afeccionadas con deficientes interpretacións, e coñazos como o do plano de case seis minutos de toxo país que inician a terceira parte... Veña oh! menos lobos, que de cazadores está o mundo cheo, eso sí con tiros pola culata... menos mal que hai quen non traga e non se deixa levar por xente que apreta as caravillas dos xurados...



4
De: Martin Pawley Fecha: 2008-11-22 04:04

A calidade gramatical é un valor relevante (non o único) para xulgar un libro de poesía, poñamos por caso, mais non para xulgar unha obra cinematográfica. Por certo, reparou nos castelanismos que hai no seu comentario?



5
De: Anónimo Fecha: 2008-11-24 12:21

Unha obra cinematográfica que se basa nun texto literario (Anton Chekhov), que introduce a lectura dun libro como material da ficción (nun terzo da mesma), e que mete teatro (noutro terzo), que antes que ningunha outra cousa é un texto literario, dentro do cinema, ten que ter mais coidado co idioma no que pretendidamente se soporta esa ficción.
Pero según ti, a calidade do idioma empregado (o que chamas gramática) non é relevante para xulgar esta película que ten na palabra o soporte de toda a ficción narrativa? Váiche boa! Efectivamente se falaramos dunha obra feita en español, con esas "burradas" lingüísticas, non sería admisible, nin defendible, por qué en galego sí e ata con fervor militante?
Van algunhas frases desa curtametraxe subvencionada:
COMA SE ESCRUTASE ALGUNHA COUSA
TÓDALAS CRIATURAS OCÚLTANSE DA CALOR
FAI MOITO TEMPO QUE NON O VÍA
TÍ ES UNHA CAMPESIÑA CON CHANCOS
NON TE QUEDA MAIS QUE CHORAR, E DARTE CABEZAZOS CONTRA AS PAREDES
POLO BORDE DO LINDEIRO
XA ME ESTROPEEI OS OLLOS DE TANTO MIRALO
A ALGUÉN QUE ESTÁ BÉBEDO NON SE LLE PODE USAR.
NON SE TE VE MOITO POLA VILA

Síntoo pero a lingua sí é materia principal desta obra, e está moi mal tratada. Ten razón o do comentario anterior, e non creo que teñas que picarte por esa crítica ben fundada.

Podes seguir presioanando xurados e programadores, pero mentres non corrixan eses erros graves, estaremos facendo mal as cousas, Pawley.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.60 (5d9a038363)
Comentario

tradución automática: es pt



















os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley