Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > O complot dos periféricos
> O complot dos periféricos <

"También en los premios Nacionales de Literatura que otorga el Ministerio de Cultura parte el bacalao la cuota nacionalista. Asombroso, dada la distancia abismal entre el número de libros publicados al año en castellano y los editados en las otras lenguas de España. Viene esto a cuento de lo sucedido la semana pasada: un libro en gallego (O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz), se alzó con el premio Nacional de Literatura Infantil, y otro en gallego, sólo en gallego (De provincia a nación. Historia do Galeguismo político, de Justo Beramendi), con el Nacional de Ensayo. Me pregunto cuántos de los miembros o miembras del jurado lo habrán leído, aunque lo extraño es que esto no pase con más frecuencia. La clave, lo digo por experiencia, es la composición del jurado. Los catalanes votan siempre a los catalanes, los vascos a los vascos y los gallegos a los gallegos. De inicio, jamás a un autor en castellano. Y a medida que en cada ronda es eliminado un autor “autonómico”, los jurados votan al “periférico” que va quedando. Siempre, todos los años lo mismo. Y cuando los “periféricos” son mayoría, gana el que quieren"
Juan Palomo, "Moda galega" (El Cultural).

Velaí un bo exemplo de baixeza moral. O Premio Nacional é bo e xusto cando o gaña alguén que escribe en español, como Dios manda. Se o gaña un autor "periférico", é por culpa dun complot. Non pode ser que un autor en galego, catalán ou euskera supere en calidade a alguén que escribe na "lingua común". Non importa que o prestixio e a valoración crítica da obra de Xabier P. Docampo, Gabriel Janer Manila ou Mariasun Landa sexa infinitamente maior que a dos libros de Jordi Sierra i Fabra ou os de Manolito Gafotas. Tanto dá que Agustín, o noso Agustín, sexa un autor admirado e querido en Galiza e fóra de Galiza, que puido ser premiado unha morea de veces antes desta. Non importa que o libro galardoado leve moitos meses editado en español, e nin sequera o feito de que no xurado os "periféricos" non eran, nin son nunca, maioría (e quen desexe botar contas, que lea a nota de prensa do ministerio). Todas esas razóns carecen de importancia, porque a razón non serve nunca para vencer a cegueira dos que están cheos de prexuízos. A ignorancia, Juan Palomo, cúrase lendo: probe a empezar polos libros de Agustín, sen ir máis lonxe.

2008-10-31, 00:03 | 13 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/60279

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2008-10-31 00:31

Non é a primeira vez que neste blog nos referimos ás parvadas que de cando en cando solta ese grupiño de desinformadísimos membros e membras da redacción de El Cultural: en decembro de 2007 reparamos na maneira en que botaron a lingua a pacer en defensa da amiga de Luis Proust.



2
De: Vendell Fecha: 2008-10-31 00:37

Semlla unha crónica de Eurovisión, porque periodismo non é, e crítica... tampouco.



3
De: Mario Fecha: 2008-10-31 00:47

Pobriños, deben estar desesperados para ter que recurrir a semellante manipulación dos feitos. Aínda que hai casos piores, se viras que pena de soidade o bus de GB na capital...



4
De: Cesare Fecha: 2008-10-31 02:13

Como sempre, a ciencia pode achegar algo de luz. Neste caso a aritmética.

Premio de LIX:
* Margarita Salas Falgueras (ESP)
* Manuel González (GAL)
* Xavier Etxaniz (VAS)
* Emili Teixidor (CAT).
* Cristina Minguillón (ESP)
* Remedios Morales (ESP)
* Marta Rivera de la Cruz (ESP/GAL)
* Rosario González (ESP)
* María Menéndez Ponte (ESP/GAL)
* Jordi Sierra i Fabra (CAT)
* Fernando Marías Amondo (ESP/VAS).

Aínda supoñendo que Marta Rivera de la Cruz, María Menéndez e Fernando Marías, escritores en español, se aliñasen cos escritores do lugar onde naceron (e onde xa non viven), que é mooooito supoñer, o resultado sería: ESP 4, GAL 3, CAT 2, VAS 2.

Premio de ensaio:
* Pedro García (ESP).
* José Luis Axeitos (GAL)
* Adolfo Arejita (VAS)
* Josep González-Agàpito (CAT)
* Xavier Rubert de Ventós (CAT).
* Paula Izquierdo (ESP).
* José María Pozuelo (ESP)
* Alfonso García (ESP)
* Luis Ventoso (GAL)
* José González García (ESP)
* Celia Amorós (ESP).
Aritmética: ESP 6, GAL 2, CAT 2, VAS 1



5
De: Cesare Fecha: 2008-10-31 02:16

Os xurados ao completo:
http://www.revistadearte.com/2008/09/21/miembros-de-los-jurados-premio-nacional-de-literatura-y-del-premio-nacional-de-literatura-infantil-y-juvenil-2008/



6
De: Cesare Fecha: 2008-10-31 02:19

Ah, demonios, confundinme... Os xurados teñen todos dous membros máis: o director xeral do libro e a subdirectora xeral de promoción do libro. O director xeral entraría a formar parte do grupo ESP, mentres que a subdirectora Mónica Fernández Muñoz, non sei. En todo caso, isto non reforza o argumento de Juan Palomo.



7
De: folerpa Fecha: 2008-10-31 11:22

Cousas peores dixeron na COPE ou en Interconomía:O Rei León ( Cesar AnTonio Molina) repartindo premios entre os seus amigos galegos. Están crecidos estes naionalistas españois, e habería que paralos.



8
De: A. Machado Fecha: 2008-10-31 11:35

Castilla miserable,
ayer dominadora,
envuelta en sus andrajos
desprecia cuanto ignora.



9
De: Martin Pawley Fecha: 2008-10-31 12:01

É curioso que Juan Palomo diga "Me pregunto cuántos de los miembros o miembras del jurado lo habrán leído" neste premio, e non respecto do Nobel ou do Príncipe de Asturias, que se deciden un bo día pola mañá sen que ningún dos votantes deba necesariamente ter lido nada do autor en cuestión. O xurado do Premio Nacional adoita ter acceso ás obras en debate, e se non me equivoco se lles proporcionan traducións aínda que sexan parciais dos textos que non estean xa en español (cousa imprescindíbel para valoraren obras en euskera, e non tanto para os textos en galego e catalán a pouco que sexan xente con algo de cultura e espírito aberto, cousa que se dá por suposta). Que o lean logo ou non é outra cousa, mais así como estou seguro de que Margarita Salas tivo nas súas mans o libro de Agustín, non teño tan claro que os xurados do Príncipe de Asturias leran unha soa páxina de Margaret Atwood.



10
De: Oulego Fecha: 2008-10-31 16:24

Xa levan tempo coa veda aberta. Lembro hai varias semanas outra anotación deste mesmo Palomo no El Cultural criticando duramente a Suso de Toro co gallo do artigo de De Toro no País sobre a literatura hebrea e os comentarios de Steiner e a súa posterior polémica con Muñoz Molina. Unha crítica miserenta. E porque non ven vostedes Telemadrid, que se non...



11
De: Antuán Fecha: 2008-10-31 18:27

Coido que non entendín moi ben o asunto. A tese do "pájaro" é que Marta R. de la Cruz votou a un galego por "antiespañolismo"?

Que o "galeguista" Molita vai por aí perxudicando a cultura española?? Se só a publicación de "Eume" demostra un odio enfermizo ao sistema literário galego!!!!!
(que país... que país...)



12
De: W. Sobchak Fecha: 2008-11-01 13:51

Penso que non paga a pena , gastar tecla para opinar dun suplemento "cultural" que esta máis preocupado en militar politicamente que en valorar a calidade dos textos literarios.




13
De: Martin Pawley Fecha: 2008-11-02 17:52

A listaxe de Premios Nacionais obtidos polas letras galegas:

1986: Paco Martín (Das cousas de Ramón Lamote) Premio Nacional de LIX
1986: Alfredo Conde (Xa vai o griffón no vento) Premio Nacional de Narrativa

1990: José Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga (A biblia) Premio Nacional á Mellor Tradución

1995: Xabier P. Docampo (Cando petan na porta pola noite) Premio Nacional de LIX

1996: Fina Casalderrey (O misterio dos fillos de Lúa) Premio Nacional de LIX
1996: Manuel Rivas (Que me queres, amor?)

1997: Manuel Lourenzo (Veladas indecentes) Premio Nacional de Literatura Dramática

2003: Suso de Toro (Trece badaladas) Premio Nacional de Narrativa

2007: Rubén Ruibal (Limpeza de sangue) Premio Nacional de Literatura Dramática

2008: Agustín Fernández Paz (O único que queda é o amor) Premio Nacional de LIX
2008: Justo Beramendi (De provincia a nación) Premio Nacional de Ensaio

Como proba que reforza a tendencia a que os premios cheguen de dous en dous, recordemos que en 2007 tamén gañou Manuel Vilariño (o de Fotografía) e en 1995 o burgalés Víctor Pablo Pérez, director titular da Orquestra Sinfónica de Galicia.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.191.91 (a5f08646ca)
Comentario

tradución automática: es pt



















os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley