Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Clubs financieros e augas embotelladas
> Clubs financieros e augas embotelladas <


De Esquina (Cássia Eller)


"Na Clasificación Internacional de Doenzas, no seu apartado psiquiátrico, aparece a paranoia entre os chamados trastornos de ideas delirantes. Trátase de trastornos psicóticos, isto é, doenzas semellantes á esquizofrenia aínda que diferentes dela, nas que se produce unha ruptura coa realidade e o doente crea unha nova dentro da súa mente.

A paranoia e os demais trastornos de ideas delirantes, coma o seu propio nome indica, caracterízanse principalmente pola presenza de delirio ou ideas delirantes, que poden definirse como falsas crenzas de diferentes temáticas ou contidos (existen delirios de prexuízo, de grandeza, de doenza, de sedución, de ruína... e de moitos máis temas) que se basean nunha incorrecta valoración da realidade exterior. É característico que as crenzas delirantes se manteñan firmes e non sexa posíbel rebatilas cunha argumentación lóxica, por exemplo o caso dun delirio de filiación, no que a persoa delirante está convencida de ser filla do rei de Marrocos a pesar de toda clarísima evidencia en contra (...)

No caso concreto da paranoia a temática do delirio é o prexuízo. Adoita ser un delirio ben estruturado no sentido de que o suxeito que o padece séntese vítima das accións dunha ou varias persoas ou dunha institución, que cre que actúan na súa contra con ánimo de prexudicalo, cunha construción argumental comprensíbel mais non real coa que intenta xustificar o seu delirio (...) O paciente está totalmente seguro da certeza das súas crenzas e non se lle pode convencer do seu erro mediante o razoamento lóxico. Esta é a base de todo trastorno delirante".


(Tradución ao galego da definición de paranoia que aparece no portal Saludalia)

para saber máis: Ás barricadas, artigo de Leo Fernández Campos en Tempos Dixital. Carta aberta ao Club Financiero de Vigo, artigo de Xabier P. Docampo en Vieiros. Os blogs de Mario Regueira e Manolo Bragado. O de calidonia e o de ghanito.

2008-09-07, 22:49 | 15 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/59333

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2008-09-08 22:49

O argumento deste manifesto pode ser interesante no reducido microcosmos dos executivos con fillos en idade escolar que valoran a posibilidade de vir traballar a Galicia. Calquera sabe o que pensan. Neste sentido, é unha aportación mais a un debate complexo que cada quen terá que ponderar segundo o seu criterio. Así e todo, semella que a ponderación non se leva ben co debate idiomático. Pode engadir esta á lista de reaccións.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2008-09-08 23:48

O argumento dese manifesto semella pura paranoia, no sentido médico do termo exposto no post: ruptura coa realidade, invención dunha nova realidade na mente do paciente, falsas crenzas, imposibilidade do debate con argumentos lóxicos... Cando na práctica apenas se cumple o decreto de uso do galego na escola (que propón un 50-50), afirmar a imposibilidade de educaren os fillos en español é unha demostración de non querer entender a realidade. Ou é que lles amola que os nenos aprendan e desenvolvan unha competencia plena na lingua do país? Acaso pensarán que un 50% das aulas ao longo de todo o sistema educativo non será abondo para aprenderen ben o español?



3
De: syldavija Fecha: 2008-09-09 19:59

o que me preocupa é se a paranoia é contaxiosa



4
De: Martin Pawley Fecha: 2008-09-09 20:01

Agardemos que non, aínda que xa se sabe o que pasa nas discusións: cando unha das partes perde a cabeza, é difícil que a outra manteña unha absoluta serenidade.



5
De: María Fecha: 2008-09-10 03:19

Discrepo totalmente da súa diagnóse de paranoia. Non, non hai ruptura coa realidade. Todo o contrario, o dito e feito é unha acción consciente para dinamitar a normalización do galego con claros tintes políticos. Polo tanto, a súa intención é indicir conscientemente nesa realidade para transformala no sentido que a eles lles interesa. Outra cousa é que a política estea feita, en parte, de prexuízos. Pero iso é outra cousa.

A súa forma de cualificar este feito lémbrame aquelas atribucións de "tolo" a Hitler para explicar o fenómeno nazi.

É dicir, que non explica nada.





6
De: María Fecha: 2008-09-13 18:25

Moitas grazas por ter o detalle de contestarme.



7
De: Martin Pawley Fecha: 2008-09-14 00:57

Cal era a pregunta?



8
De: María Fecha: 2008-09-15 12:17

Tratábase de contestar a miña argumentación, non a miña pregunta. Pero xa vexo que non lle gusta que o contradigan e por iso contesta en plan impertinente. Pois nada, señor, é vostede o máis listo, o máis alto, o máis todo. Parabéns.




9
De: Martin Pawley Fecha: 2008-09-15 17:22

Impertinente? Impertinente é quen demanda atención a toda costa e se enfada se non aplauden os seus comentarios.



10
De: María Fecha: 2008-09-17 02:43

"Impertinente é quen demanda atención a toda costa e se enfada se non aplauden os seus comentarios"

Fala de si mesmo, non é?



11
De: Martin Pawley Fecha: 2008-09-17 07:09

Non, falo de quen vén deixar un comentario ao blog e se queixa de que non lle prestaron atención abondo.



12
De: María Fecha: 2008-09-17 16:20

Desculpe, eu non "demando atención a toda costa" nin pido ningún aplauso. Iso é falaz e tendencioso.

Eu puxen unha opinión que contradicía e invalidaba a súa tese, o que podería dar para un debate de certo interese. Como tres días máis tarde (tres días despois, non no momento) vin que, en contra do era habitual noutros casos, non tiña a ben responderme, simplemente lle dixen “moitas grazas por ter o detalle de contestarme”, nada máis, sen ningún asomo de enfado, senón de sentirse defraudada.

A miña dedución foi que vostede non se atrevía a polemizar e que lle amola moito que lle emenden a plana, pero non o manifestei nun primeiro momento. As súas desproporcionadas respostas, impertinentes e faltonas, non fixeron máis que amosar a miña sospeita sobre o seu delicado ego e a súa tendencia a irritarse á máis mínima.

Así pois, señor Pawley, é a vostede a quen lle gustan os aplausos e que lle digan amén a todo. Non sei se terá algún tipo de problema (se cadra acrecentado porque é unha muller quen o contradí). Pola miña parte, adeus e boa tarde.




13
De: Martin Pawley Fecha: 2008-09-18 09:41

Contradicía, si. Invalidaba... menudo ego o seu! Os seus argumentos "invalidan" os dos demais! Por outra parte, a decisión de a quen lle respondo e a quen non é miña; a opinión eu deixeina no post, e vostede a súa nos comentarios. Son diferentes. Hai algo máis que engadir? Se lle parece "desproporcionado" preguntarlle cal á a pregunta a alguén que lamenta non ter sido contestado, eu non teño nada que engadir. Se quere crer que son covarde, machista, faltón, ególatra, hipersensíbel, etc, para vostede a peseta. Xuraría que non fun eu o que chegou aquí golsando adxectivos.



14
De: Alfredo Ferreiro Fecha: 2008-09-18 10:28

Martin: a próxima vez, aos paranoicos nin nomealos.



15
De: Lector Fecha: 2008-09-19 12:13

Estiven a ler, e penso que Pawley non estivo moi correcto na súa negativa nin nas súas contestacións. E tampouco facía falta que viñese o seu amigo Domingo Ferreiro a botarlle unha man.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.191.93 (dcc1211700)
Comentario

tradución automática: es pt



















os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley