Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > Remata o prazo para mandar traballos á Mostra de Ciencia e Cinema
> Remata o prazo para mandar traballos á Mostra de Ciencia e Cinema <



O vindeiro venres 22 de agosto remata o prazo de presentación na Mostra de Ciencia e Cinema que celebraremos na Coruña en outubro. Teñen tres días, pois, para enviaren filmes e documentais que falen da ciencia, os seus procedementos ou os seus obxectos de estudo, calquera que sexa a súa duración, tema ou formato. Ciencias naturais, formais e sociais; da lóxica á antropoloxía, pasando polas matemáticas, a química, a física, a bioloxía, a astronomía, a xeoloxía e mesmo a lingüística: válenos case todo, con tal de que sexa bo.

Filmes procedentes de Francia, Italia, Grecia, Alemaña, Inglaterra, EEUU, Nova Zelanda e mesmo Burkina Faso chegaron xa ao longo dos últimos dous meses á oficina da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, no Parque de Santa Margarita da Coruña. Entre o material recibido hai varios documentais inéditos, mais tamén traballos exhibidos e premiados en festivais internacionais, nalgúns casos non especificamente científicos, caso de Sundance ou o "It's all true" de São Paulo. A semana que vén faremos un primeiro adianto de títulos seleccionados a competición, e nos primeiros dez días de setembro daremos a coñecer a listaxe completa.

Organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, a Mostra de Ciencia e Cinema conta coa colaboración da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Innovación e Industria; da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, e dos Museos Científicos Coruñeses. O programa da Mostra inclúe tamén entre outras actividades un ciclo de filmes nas instalacións do Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña, e un Obradoiro de guións documentais científicos, impartido polo profesor da Universidade de Navarra Bienvenido León e desenvolvido co apoio da Axencia Audiovisual Galega.

2008-08-20, 01:51 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/59011

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.241 (abd9886ba3)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley