Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > A casa da luz: o filme
> A casa da luz: o filme <

O vindeiro luns, 14 de xullo, o director Carlos Amil comeza a rodaxe d'A casa da luz, adaptación cinematográfica da magnífica novela de Xabier P. Docampo, amigo, irmán. O'Mestre vai relatar a experiencia no seu blog; empezou hoxe, cun post no que se fala dun barco varado nunha carballeira. Aquí lles queda:

Comeza a se rodar unha película
Xabier P. Docampo

Xa é moita a xente que, na altura, sabe que se está a facer unha película baseada na miña novela A casa da luz. É longa historia que comezou hai perto de dez anos e que naceu da miña amizade co produtor X. X. Cabanas Cao, que é moita e vella.

O proxecto, que principiou por se titular O pucheiro de ouro, foi desde o principio o de se converter en película, pero os avatares e o tempo deron nel en novela titulada A casa da luz, editada por Xerais en galego, por Anaya en castelán e por Barcanova en catalán. De aí regresou ao seu comezo, o cinema, e será película baixo a dirección doutro querido amigo, Carlos Amil.

Agora a cousa está tan adiantada que este luns, día 14 de xullo, comeza a rodaxe, que se ha prolongar por sete semanas. Propóñome neste tempo ir contando as miñas observacións da rodaxe e de todo canto a rodea. Quero que por min coñezan vostedes a xente que a fará posíbel, actores e actrices, nomeadamente os seis nenos e nenas (tres e tres) que nela traballan, técnicos e artistas, visitantes... As cousas que pasan, o asombro que me produce este prodixio do cinema, do que alguén dixo que era a máquina dos soños. [Segue aquí]

2008-07-10, 02:05 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/58462

Comentarios

1
De: SuperEñe Fecha: 2008-07-10 09:24

"A casa da luz"...

Cutretítulo.

Incluso "O caldeiro d'ouro" (ejem) quedaba mellor.



2
De: Diego Rosales Galiñanes Fecha: 2008-07-14 21:49

En serio a alguien le gustan las mierdas que escribe Docampo? Es fast-food literaria, prosa para pobres.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2008-07-14 21:59

Acepto toda clase de opinións non ofensivas, tamén as moi parvas, mais iso da "prosa para pobres" chegoume á alma...



4
De: Martin Pawley Fecha: 2008-07-15 14:56

Quen queira dirixirlle mensaxes a outros blogueiros, que o faga nos seus blogs.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.243 (32f2a66cdc)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley