Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Divulgación astronómica na FNAC
> Divulgación astronómica na FNAC <

Desde decembro até maio, e en colaboración coa editorial Le Pourquoi Pas, a Agrupación Astronómica Io vai impartir o primeiro martes de cada mes unha charla de divulgación sobre astronomía no Fórum FNAC da Coruña (Mercado Eusebio da Guarda, Praza de Lugo, s/n). A primeira sesión celébrase hoxe martes 4 de decembro ás 19:30. Baixo o título Astronomía. Mirando o ceo pretende ofrecer un achegamento sinxelo a esta ciencia, desde o punto de vista de quen con curiosidade mira o ceo para deixarse sorprender polo vasto universo.

O ciclo continuará con novas charlas os días 8 de xaneiro (Marte, o planeta ¿vermello?), 5 de febreiro (Astrofotografía, fotografiando o ceo), 4 de marzo (Estrutura do Universo..¿Que hai aí?), 1 de abril (Contaminación Lumínica. ¿Quen nos quitou as estrelas?) e 6 de maio (Vida no universo...¿sós ou acompañados?).

2007-12-04, 11:49 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/53839

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2007-12-04 22:27

Compromiso profesional (excusa verídica, desta vez) impedíronme asistir hoxe a este importante evento. Ciencia nunha librería, e ademáis invitando aos veciños a compartir o firmamento. Noraboa



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.62 (14ee4eb600)
Comentario

tradución automática: es pt

46 Festival de Xixón

do 20 ao 29 de novembro









axenda cultural



están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

seis anos do prestige


O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley