Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Ève Curie (1904-2007)
> Ève Curie (1904-2007) <

Cun apelido coma o seu sobran as presentacións. Cando Ève naceu en decembro de 1904 os seus pais xa tiñan na casa un Premio Nobel de Física "en recoñecemento ás extraordinarias aportacións conxuntas no estudo do fenómeno da radiactividade descuberta polo Profesor Henri Becquerel". Pierre morreu sendo ela aínda unha nena que non chegaba ao ano e medio, atropelado por un carro. Marie acadaría poucos anos despois, en 1911, outro Premio Nobel, desta volta o de química, "polo descubrimento dos elementos radio e polonio, o illamento do radio e o estudo da natureza e compoñentes dese importante elemento". Na familia Curie aínda habería un Premio Nobel máis, o de química que levou a outra filla, Irène Joliot-Curie, na compaña do seu marido Frédéric en 1935.

Ève non se dedicou á ciencia, pero é en boa parte responsábel da popularidade da súa familia por ter publicado hai setenta anos unha biografía da súa nai, Madame Curie, que acadou unha enorme popularidade en todo o mundo. Tanta, que en 1943 inspirou a produción dun filme da MGM dirixido por Mervyn LeRoy e protagonizado por unha das máis grandes parellas dos anos dourados de Hollywood, Greer Garson e Walter Pigdeon:



A necrolóxica do New York Times conta que ao final dos seus días, Ève Curie tiña certo sentimento de culpa por ser a única muller da familia que escapara a toda unha vida entregada á radiactividade e as súas molestas consecuencias.

2007-10-25, 11:12 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/53019

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.191.92 (7fd612e64f)
Comentario

tradución automática: es pt



















os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley