CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Queremos tanto a Jeff
> Queremos tanto a Jeff <

–O seu último disco, "A Ghost Is Born" (Nonesuch, 2004), colgouse en Internet meses antes de saír á venta. ¿Preocúpalle que a xente dispoña das súas cancións sen pagar por elas?
–Durante toda a miña vida, o máis importante para min foi que a xente escoite a miña música. Quero compartir esa música coa xente. E cando digo compartir refírome a iso: compartir. E se a xente quere escoitar a Wilco sen pagar nin apoiarnos financeiramente, eu seguiría estando contento. Para min, o máis importante é ser escoitado.

–¿Cómo ve o futuro da industria musical?
–Realmente, non o sei. Pero o futuro da música non ten nada que ver co futuro da industria musical. Non creo que a música corra ningún tipo de perigo se é real, vibrante e parte da vida da xente, como sempre foi. O negocio musical preocúpame menos. Estou contento de gañar a vida co que fago e asegúroche que non dou por sentado que sempre vaia ser así.

Jeff Tweedy en entrevista a Jesus Miguel Marcos para El Cultural

2006-11-24, 03:19 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/44860

Comentarios

1
De: jorge Fecha: 2006-11-27 19:28

A verdade é que bastantes dos músicos que coñezo (ou cos que teño contacto aínda que sexa a través de terceiros) pensan así, o que pasa é que non o poden recoñecer en público porque das discográficas algo sacan, e ademáis non teñen porque perxudicalas cunhas declaracións cas que non van gañar nada.
O bo (en tódolos aspectos) de Tweedy está incluso por riba de todo iso xa que xusto antes de "Yankee hotel foxtrot" despediron a Wilco da compañía na que publicaban o seu traballo e tiveron que buscarse a vida para publicar un disco que era a todas luces unha maravilla e un éxito seguro, así que non lle importa perxudicar a quen tampouco ten reparos en perxudicalo a el.
Saúdos e RnR Forever, Wilco Forever



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-11-27 21:15

Para saber máis da azarosa edición de "Yankee Hotel Foxtrot" (migrañas e discusións incluídas) recoméndolles o documental "I am trying to break your heart".



3
De: jorge Fecha: 2006-11-27 22:40

E xa que sabemos que Tweedey está de acordo fáganlle chegar a Pawley o seu interese polo documental e eu ocupareime de que o teñan.
Saúdos dun "heavey metal drummer" ou non.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2006-11-27 22:54

Ao propio Pawley non lle disgustaría posuír o documental, xa que tivo ocasión de velo pero non a prudencia de conservalo.



5
De: xmanoel Fecha: 2006-12-30 15:56

Home, The ghost is born en realidade estaba dispoñible coma streaming, con DMR e todo. Pero se podía escoitar se tiñas QuickTime. Eu o estiven escoitando un par de meses na rede, e curiosamente funcionou a sua artimaña: teño The Gost is Born en CD na casa. O curioso do caso é que agora que o teño xa non o escoito tanto. Pero sí, coido que se che mostran que algo é bó rematas por mercalo.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.61 (075cbc2d8b)
Comentario

tradución automática: es pt






doa os teus órganos!



axenda cultural



están vivos!



os arquivos estranhos

cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley